Hoxe coñecemos un estupendo dato: o ano 2014 rexistrou un total de 855.308 matriculacións de automóbiles, cun incremento do 18,4%.
Deles 34.859 en Galicia, un 15,3 % mais que en 2013.
ANFAC, FACONAUTO e GANVAM valoraron que sen dúbida, o forte impulso do mes de decembro, grazas á extensión do Plan PIVE permitiu alcanzar este volume.
Decembro rematou cun total de 73.440 matriculacións e un incremento do 21,4%, unha das maiores alzas do ano. Con este resultado, o mercado de turismos foi capaz de encadear 16 meses de crecementos continuados.
Todas as canles finalizaron o ano con signo positivo. O que maior porcentaxe de crecemento presenta foi a canle particular cunha alza no ano 21,3% e un total de 483.767 unidades.
A canle de empresas mostrou certa regularidade ao longo de todo o exercicio e finaliza o ano cun incremento do 13,8% cun total de 216.233 unidades. Por último, a canle de alugadores creceu no ano un 16,1% con 155.308 matriculacións.

Sen dúbida o Plan PIVE foi o gran protagonista do ano 2014. En Comunidades Autónomas onde 9 de cada 10 matriculacións na canle de particular se deben a este Plan, significou un impulso elemental para xerar confianza no consumo, maiores ingresos recadatorios e maior dinamización económica. Este Plan fixo que España se coloque á vangarda do crecemento dos principais mercados.
Tamén influíu de forma decisiva o importante esforzo promocional que fixeron concesionarios e marcas.
Para FACONAUTO o mercado español do automóbil volveu ser o máis competitivo de Europa en 2014, cun desconto medio que se situou en preto dos 4.200 euros por vehículo, é dicir, un 64% máis que o que obteñen os compradores nos principais mercados europeos.

As previsións para 2015 apuntan a unha mellora do mercado, baseada no crecemento económico, máis a reforma do IRPF que permitirá máis renda dispoñible nos fogares, máis o Plan PIVE máis os esforzos comerciais das marcas e concesionarios.
Agardemos que se cumplan estas previsións.
Agardemos que se cumplan estas previsións.
Recibirá resposta