Na clausura das actividades 2014 da Casa de Galicia en Madrid

Rematado onte o Pleno, asisto na Casa de Galicia en Madrid ao acto de clausura das actividades 2014 , que foi presido polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, xunto ao Presidente do Consejo de Estado, José Manuel Romay Beccaría.

Interveu en primeiro lugar o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega que repasou  a larga actividade e constante traballo  que esta Casa levou a cabo, con máis de 200 actos e celebracións e  cunha programación orientada a potenciar os aspectos culturais, económicos, sociais, institucionais e de relación humana referidos a Galicia.

Destacou tamén a intensa labor que realizan a Oficina de Turismo e o Aula de Galego, é que  a Casa é punto de encontro, espazo e lugar de traballo e reunión dos directivos e membros das asociacións profesionais e culturais galegas en Madrid, coma AEGAMA (Asociación de Empresarios Galegos en Madrid); ASOMEGA (Asociación de Médicos Galegos en Madrid); IURISGAMA (Asociación de Xuristas Gallegos en Madrid); Club de Periodistas Galegos, Orden da Vieira,  FAGAMA (Federación de Asociacións Galegas en Madrid”.

Así mesmo, tamén se procedeu á entrega de distincións a destacadas personalidades cos ámbitos cultural, económico e social, tanto pola súa traxectoria profesional como polo seu afecto a Galicia e a súa casa en Madrid.

Os premiados foron:

- Carmen Becerril Martínez. Ex Secretaria de Estado de Enerxía; Leopoldo Calvo Sotelo Ibáñez-Martín. Marqués da Ría de Ribadeo. Letrado Maior do Consello de Estado; Luz Casal Paz. Cantante de pop-rock; María Emilia Casas Bahamonde. Ex Presidenta do Tribunal Constitucional de España; Javier María Casas Estévez. Ex Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid; Cristina Cifuentes Cuencas. Delegada do Goberno na Comunidade Autónoma de Madrid; Francisco Ribeiro de Menezes. Embaixador de Portugal en España; Juan Carlos Estévez Fernández-Novoa. Presidente do Consello Xeral de Procuradores dos Tribunais;  Manuel José Guiote Linares. General de Brigada de Sanidade do Exército; María Lage Prieto. Vicepresidenta do Centro Galego de Madrid; Manuel Medina González. Avogado e Ramón Tamames Gómez. Economista do Estado. Catedrático de Estrutura Económica. Premio Nacional de Economía. 

Parabens á Casa de Galicia en Madrid, sen dúbida un referente na actividade cultural capitalina.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.