sábado, 22 de noviembre de 2014

Jimenez Moran elixido presidente local do PP de Verin

Asisto hoxe en Verín acolleu o Congreso Local do PP no que a única candidatura presentada foi a liderada por Juan Manuel Jiménez Morán, que acadou o apoio do 100% dos votos emitidos polos compromisarios.

Na sua intervención dixo que "hoxe é un día de falar do pasado, presente e do futuro. De futuro porque hoxe sairá un novo comité que agardo siga traballando de modo incansable como se fixo ata o de agora, escoitando, transmitindo ideas, plasmándoas no papel pero, sobre todo, facéndoas realidade. Dende 1993 creamos un proxecto viable e tanxible no que englobamos todas as inquedanzas dos nosos vecinos e veciñas. Pero sobre todo un proxecto que nos permitiu obter un número representativo de concelleiros, senón tamén lograr a Alcaldía. 

Unhas victorias electorais que se repetiron desde a primeira vez que nos presentamos, obtendo a confianza maioritaria dos veciños de Verín. E isto conseguimolo acercándonos a xente, escoitando as súas queixas e revindicacions, os seus problemas, e o que é máis importante, intentando siempre solucionalos".

Logo falou do novo PXOM, da ampliación do Polígono Industrial de Pazos, da Eurocidade Verin-Chaves-Vidago, do potencial Turístico-Termal e do sector vitivinícola .

Despois foi o turno do presidente provincial Manuel Baltar, quen aplaudiu o intenso traballo levado a cabo no PP de Verín e valorou positivamente os proxectos sinalados polo presidente local, afirmando que supoñen un exemplo fidedigno "da aposta pola colaboración entre administracións para facer realidade as ideas e as demandas que nos reclaman os veciños".

Pechou o acto o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmando que “non debemos conformarnos cos problemas doutros partidos, nós temos que esixirnos máis”.

Sinalou que a diferenza do que poden agardar doutros partidos, ao PP esíxenlle que arranxe as contas, que loite contra o paro, que asegure os servizos públicos e que recupere a ilusión dos que a perderon, porque saben que se hai un partido que pode facelo é o dos populares.

Segundo engadiu, para Galicia e para España é positivo que estea gobernando o PP, e cre que todos aqueles que votaron por este partido saberán ver que foi positivo telo feito.

Matizou que mentres uns se dan por satisfeitos con enquisas, os populares só se dan por satisfeitos con realidades. De feito, fixo fincapé en que os que máis falan de enquisas, que son estimacións, son os que despois non respectan os resultados reais e non respectan o que elixe a xente. Eses, segundo Feijóo, son aqueles que se cren máis representativos e máis goberno que o propio goberno que foi elixido nas urnas polos cidadáns. 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta