Destaco do Consello de
Ministros celebrado hoxe, a análise dun informe detallado sobre as actuacións
que se levaron a cabo e as que se van adoptar para facer fronte ao virus do ébola tanto no noso país
coma no ámbito internacional, froito dos contactos e as recomendacións das
autoridades sanitarias europeas e dos organismos internacionais.
A vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, informou da creación dun comité especial para a xestión en España da enfermidade polo virus do ébola.
Este comité o presidirá ela e estará integrado pola ministra de Sanidade, Servizos, Sociales e Igualdade, Ana Mato, por representantes
de varios ministerios, da Comunidade Autónoma de Madrid, do Comité Científico
sobre a enfermidade, do Hospital Carlos III e do Hospital
Universitario La Paz. Ademais, poderíase convocar a expertos na materia, do
ámbito público ou privado, se se considera oportuno.
Sáenz de Santamaría explicou que este comité se reunirá, polo menos, unha vez ao día e unha parte dos seus membros terá dedicación exclusiva. Dará continuidade aos traballos da Comisión de coordinación constituída entre o Ministerio de Sanidade e a Consellaría de Sanidade da Comunidade de Madrid.
"A tarefa que nos marcamos é coordinar medios e recursos dispoñibles, promover a cooperación interinstitucional e internacional, establecer protocolos de política informativa para a máxima transparencia coa sociedade española e os profesionais da información e analizar tanto a planificación existente como toda a actuación europea e internacional no ámbito do control da enfermidade", concretou.
A vicepresidenta avanzou que o Goberno tamén designou un comité científico que asesorará o comité especial. "España é un país preparado, con profesionais sanitarios de primeira orde, e sabemos que se pode facer fronte a esta situación. Por parte do Goberno, correspóndenos darlles o noso máximo apoio e respaldo e resolver cantas situacións e cantas necesidades requiran para levar a cabo o seu traballo nas mellores condicións posibles", subliñou.
Tamén valoro dun modo moi positivo que o presidente do Goberno, Mariano Rajoy se desprazase hoxe ao hospital Carlos III para interesarse pola evolución do estado de saúde da auxiliar de enfermaría contaxiada polo ébola, Teresa Romero, e polo das persoas que se encontran ingresadas baixo vixilancia médica por estar en contacto con ela.
Rajoy, en declaracións efectuadas aos medios de comunicación tras a súa reunión con algúns dos profesionais que traballan neste centro hospitalario, explicou que o primeiro dos seus obxectivos "se chama Teresa Romero", que é a única persoa que, a día de hoxe, está enferma, o segundo obxectivo consiste en vixiar a situación das persoas que estiveron en contacto con ela e o terceiro é continuar todos os traballos para investigar que puido acontecer e que cousas se poden mellorar nunha enfermidade que non é coñecida, pero que se trata.
Finalizou Rajoy a súa comunicación cunha mensaxe de tranquilidade aos cidadáns ao afirmar que tanto a Organización Mundial da Saúde coma a Comisión Europea e os seus expertos sosteñen que "é moi baixo o risco de que esta enfermidade se poida propagar no futuro" e engadiu que "a situación non é doada, pero estou convencido de que imos superala.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta