sábado, 11 de octubre de 2014

En Expourense no Salón do Vehículo de Ocasión

Onte asistín a unha visita institucional ao Salón do Vehículo de Ocasión que organiza Expourense coa colaboración da Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.U.T.O. e que rematará o domingo.

Puiden comprobar como os expositores presentan unha oferta completa de vehículos de Ocasión, un concepto no que entran os coches de kilómetro cero, seminovo, de xerencia, substitución, mostra ou segunda man.

Á hora de mercar un coche de ocasión, dende A.C.A.U.T.O. recomendan acudir a profesionais, xa que estes ofrecen unas garantías inexistentes nas transaccións entre particulares. Por Lei, hai que ofrecer un ano de garantía total, sendo moitas as empresas que extenden esa garantía ata dous anos ou máis no caso dos vehículos seminovos (de 0 a 3 anos). Outra vantaxe é a xestión da documentación do proceso de compra-venda, da que se encarga o profesional.

Poden atoparse vehículos dende 2.900 euros, aínda que o “vehículo tipo” nesta cita será o do mercado de ocasión en España, isto é, un coche que ronda os 11.000 euros e que conta con sobre tres anos de antigüidade. Os datos indican que en Galicia por cada coche novo véndense dous de ocasión, incluíndo tamén as compras entre particulares. 

Os mesus desexos de que este salón se converta nunha boa oportunidade para os que anden a busca dun vehículo deste tipo, e que os expositores pechen a venta de numerosos vehículos.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta