jueves, 2 de octubre de 2014

PXE 2015: Comparecencias dos altos cargos de Fomento, ADIF e RENFE

Hoxe recibimos na Comisión de Fomento as Comparecencias de altos cargos, relacionadas coa tramitación do Proxecto de Lei de PGE 2015: Mario Garcés, Subsecretario de Fomento; Manuel Niño Secretario Xeral de Infraestruturas e de de SEITTSA; Gonzalo Ferre, Presidente do Ente Público ADIF e Julio Gómez Pomar Presidente da Entidade Pública Empresarial RENFE-Operadora.

Mario Garcés dixo que a incipiente recuperación económica que está a vivir este país ao pongo do último ano e medio permitiu que estes presupostos por primeira vez experimenten un crecemento fronte a uns anos de axuste, de consolidación e caracterizados polo saneamento da débeda herdada de exercicios anteriores.


Informou que o presuposto consolidado do Grupo Fomento para o ano 2015 ascende a 17.496 millóns de euros, unha cifra que aproximadamente representa o 1,7% do PIB español.

Dixo que un dos principais obxectivos, eixes vertebradores e piramidais da política de fomento é precisamente vertebrar o territorio, cohonestar e conciliar os intereses territoriais dos cidadáns; os cidadáns entendidos como unidade e conxunto dentro da unidade do Estado español.

E engadiu outros obxectivos "Queremos impulsar o desenvolvemento económico a través do investimento, a través do transporte e, sobre todo, tamén a través das políticas de vivenda, unha política de vivenda baseada na rehabilitación, na renovación e na rexeneración urbana; unha política con incentivos económicos e incentivos fiscais; unha política, dende logo, dirixida tamén directamente a que os cidadáns poidan mellorar as súas condicións de vida e de habitabilidade. Mellorar a eficiencia na planificación e na xestión das infraestruturas, que a planificación de infraestruturas non sexa simplemente unha combinación, un sindicato de intereses territoriais, senón que realmente responda a unha visión única, holística e integrada do que constitúe unha política de Estado como son as infraestruturas. Promover a liberalización dos transportes. "


Manuel Niño dixo que os presupostos designan investimentos 7.393 millóns de euros que representa o 77% do investimento total do Grupo Fomento e en ferrocarrís son 5.191 millóns de euros. Presuposto que está formado, por unha parte, polo presuposto de Adif, por outra parte polo presuposto de Renfe e tamén polo presuposto de Seittsa. Iso constitúe máis do 50%, concretamente o 54% do Grupo Fomento. A estradas destinaranse 2.194 millóns de euros.

O presidente de ADIF Gonzalo Ferre dixo que o presente ano se está a caracterizar por unha mellora da actividade ferroviaria, destacando o crecemento nas circulacións de alta velocidade nun 8% que, xunto co aumento de ocupación dos trens, fixo que a demanda de viaxeiros neste segmento de mercado se sitúe por enriba dos 14,2 millóns de pasaxeiros no primeiro semestre do ano 2014, o que supón un incremento do 14% con respecto ao ano anterior.


 Tamén destacou o incremento de circulacións de mercadorías, nun 7%, sendo fundamental insistir en que as compañías privadas que entraron neste sector como consecuencia da liberalizaciòn creceron un 21,5%. Asímismo, que aumentou de forma considerable o tráfico internacional de mercadorías, máis dun 20%, no que levamos de ano.

O presidente de RENFE Julio Gómez Pomar,resaltou que este é o primeiro exercicio no que os Presupostos Xerais do Estado recollen os estados financeiros individuais das catro sociedades resultantes da aplicación do Real Decreto-lei 22/2012, do 20 de xullo, polo que se adoptan medidas en materia de infraestruturas e servizos ferroviarios. Fixo un recoñecemento a todos os traballadores, a todos os profesionais do Grupo.

Informou que en Renfe houbo un crecemento moi forte no longo recorrido e na alta velocidade, pero o peso deste compoñente no mixtotal de viaxeiros é o que é, é dicir na alta velocidade máis o longo recorrido nos estamos a mover en vinte e cinco millóns de viaxeiros e non obstante nas proximidades máis a media distancia nos leva aos 430 millóns de viaxeiros.

Recoñeceu que Renfe en 2014 e en 2015 en menor medida está a contribuír ao financiamento de todo o sistema ferroviario. É dicir, as perdas de Renfe hai que vinculalas ao feito de que as transferencias que está a facer ao ADIF son unhas transferencias que están a crecer dun xeito moi importante en 2013 e en 2014.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta