En Guadalajara na interparlamentaria popular

Asisto hoxe en Guadalajara, a reunión da 21 Interparlamentaria Popular que leva por lema PP: Garantía de estabilidade. 

Na cita participarán o presidente do Goberno e do Partido Popular, Mariano Rajoy, a secretaria xeral do PPMaría Dolores Cospedal, e membros destacados do partido e do Goberno.

Trátase da quinta reunión Interparlamentaria que se celebra na presente lexislatura, e nesta cita o PP vai poder constatar a evolución que seguiu España dende a primeira Interparlamentaria, que se celebrou en San Sebastián en xuño de 2012, cando o país se encontraba preto da quebra, ata a presente reunión en Guadalajara, na que xa se pode falar de crecemento económico e creación de emprego.

Neste encontro político ratificase o compromiso coas políticas e as reformas que o Executivo de España e os das Comunidades Autónomas gobernadas polo PP están a levar a cabo, e que son garantía da estabilidade e a cohesión de España.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.