Onte o Fondo
Monetario Internacional (FMI)
deu a coñecer o seu documento sobre Perspectivas da Economía Mundial (WEO, polas súas
siglas en inglés) no que subliña que a pesar dos reveses, segue en marcha unha recuperación
mundial desigual.
"Nas economías avanzadas, os legados do boom previo á crise e a crise subseguinte, entre eles un elevado nivel de débeda privada e pública, seguen ensombrecendo a recuperación. Os mercados emerxentes estanse a axustar a taxas de crecemento económico máis baixas que as que alcanzaran durante o boom previo á crise e a recuperación que a seguiu. A nivel xeral, o ritmo da recuperación varía cada vez máis segundo o país.
As perspectivas tamén se ven afectadas por outros elementos.
Os mercados financeiros foron optimistas: os prezos das accións subiron, os
diferenciais comprimíronse e a volatilidade é moi baixa. Non obstante, isto non
se traduciu nun repunte do investimento, que se mantivo atenuada, sobre todo
nas economías avanzadas. E existen inquietudes de
que os mercados estean a subvalorar o risco e non
estean internalizando
de todo as incertezas que rodean as perspectivas macroeconómicas e as
implicacións para o ritmo de repregamento do estímulo monetario nalgunhas
grandes economías avanzadas.
As tensións xeopolíticas agudizáronse. Polo
momento, os seus efectos macroeconómicos parecen estar limitado maiormente ás
rexións que as orixinaron, pero hai riscos tanxibles de trastornos máis
xeneralizados. Algúns problemas a mediano prazo que anteceden á crise, como o
impacto do envellecemento da poboación na forza laboral e o débil crecemento de
produtividade total dos factores, están a retomar o primeiro plano e é
necesario abordalos. Estes problemas maniféstanse en forma de baixo crecemento
potencial nas economías avanzadas, que podería estar a afectar ao ritmo da
recuperación na actualidade, e unha redución do crecemento potencial nos mercados
emerxentes."
"Como o crecemento
mundial no primeiro semestre de 2014 foi máis lento do previsto, para 2014 está
proxectado nun 3,3%; é dicir, 0,4 puntos porcentuais
por debaixo do proxectado na edición de abril de 2014 de Perspectivas da
economía mundial (informe WEO).
A proxección de crecemento para 2015 tamén é lixeiramente menor, de 3,8%. Estas
proxeccións baséanse no suposto de que os principais factores que avalan a
recuperación das economías avanzadas -entre eles, a moderación da consolidación fiscal (agás en Xapón) e a política
monetaria sumamente acomodaticia- se manterán activos. As proxeccións tamén
supoñen unha redución das tensions xeopolíticas, o
cal contribuiría a certo grao de recuperación nas economías afectadas. As
perspectivas de crecemento tanto das economías avanzadas coma dos mercados
emerxentes mostran unha heteroxeneidade considerable.
Entre as economías avanzadas, proxéctase un repunte do crecemento, máis lentamente en Xapón e a zona do euro, e máis rapidamente en xeral en Estados Unidos e as demais rexións. Entre os grandes mercados emerxentes, prevese que o crecemento se manterá elevado nas economías emerxentes de Asia, cunha leve desaceleración en China e un repunte en India, pero que será atenuado en Brasil e Rusia.
O ritmo da
recuperación mundial defraudou nos últimos anos. Cun crecemento mundial máis
débil do esperado no primeiro semestre de 2014 e unha agudización dos riscos á
baixos, é posible que o repunte proxectado do crecemento tampouco se materia¬lice esta
vez ou que defraude as expectativas. Isto recalca aínda máis o feito de que na
maioría das econo¬mías
o obxectivo de aumentar o crecemento efectivo e potencial debe seguir sendo
prioritario. Nas economías avanzadas, necesitarase o
respaldo continuo da política monetaria e un axuste fiscal cun ritmo e unha
composición calibrados de tal maneira que apuntalen tanto a recuperación coma o
crecemento a longo prazo. Nunha serie de economías, o aumento do investimento
público en infraestrutura poderá apoiar a demanda a curto prazo e contribuír a
elevar o produto potencial a mediano prazo. Nos mercados emerxentes, a marxe
para avalar o crecemento con políticas macroeconómicas,
de ser necesario, varía segundo o país e a rexión, pero é limitada nos países
con vulnerabilidades
externas. E, tanto nas economías avanzadas coma nas economías de mercados
emerxentes e en desenvolvemento, en xeral existe unha necesidade urxente de
reforma estrutural para afianzar o potencial de crecemento ou lograr un
crecemento máis sostible."
"Na zona do euro,
prevese que pouco a pouco irá botando raíz unha recuperación frouxa, sustentada
por unha redución do lastre fiscal, unha política monetaria acomodaticia e unha mellora
das condicións de préstamo, cunha forte compresión dos diferenciais nas
economías sometidas a tensión e taxas de interese a longo prazo historicamente
baixas nos países do núcleo da zona.
Proxéctase que o crecemento alcanzará 0,8%
en 2014 e 1,3% en 2015; é dicir, menos que na edición de abril de 2014 do
informe WEO.
As perspectivas varían segundo o país, non só entre as economías máis duramente
golpeadas pola crise e as demais, senón tamén dentro deses grupos.
Entre as
primeiras, o crecemento continuouse en España, respaldado
pola demanda externa e por un aumento da demanda interna que reflicte a mellora das condicións financeiras e o
robustecemento da confianza. Segundo a proxección actual, o crecemento promediará entre 1,3% e 1,7% en 2014 e 2015, respectivamente,
o cal representa unha revisión á alza de aproximadamente 1% con respecto ao
proxectado na edición de abril de 2014 do informe WEO.
A economía italiana, pola contra,
contraeuse no primeiro semestre de 2014, e en termos anualizados non se espera que recupere
un crecemento positivo ata 2015.
Entre as economías do núcleo da zona, as
proxeccións de crecemento de Alemaña sufriron unha revisión á baixa respecto da
edi¬ción de
abril de 2014 do informe WEO,
máis que nada como consecuencia do debilitamento da recuperación da demanda
interna. O crecemento en Francia estancouse no primeiro semestre de 2014, e as
proxeccións foron revisadas á baixa."
http://www.imf.org/external/spanish/pubs/ft/weo/2014/02/pdf/texts.pdf
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta