martes, 7 de octubre de 2014

Feijóo no DEA defende un autogoberno responsable que asegure os servizos públicos

Sigo desde Madrid polos medios de comunicación o Debate sobre o Estado da Autonomía no que o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, defendeu hoxe un “autogoberno responsable” que “asegura os servizos públicos de hoxe e do mañá” e “pon en valor Galicia para “xerar novas oportunidades” e seguir creando emprego.

Estas son as menxases máis importantes do seu discurso:

-  EMPREGO: Mantén como prioridade a loita contra o paro e anuncia un 50% máis de recursos para o emprego xuvenil e un plan específico que fomente a contratación de maiores de 45 anos.

-  INDUSTRIA: Propón adaptarse á nova realidade económica cun Plan de Diversificación que dea valor engadido aos sectores tradicionais e potencie novas actividades.

-  INTERNACIONALIZACIÓN: subliña que Galicia acadou un récord histórico en exportacións e o novo obxectivo é incrementalas nun 25 % ata 2020.

-  INNOVACIÓN: ve a Galicia nunha posición destacada, que reforzará con 8 unidades mixtas e cunha rebaixa de impostos para o fomento da investigación.

  - EDUCACIÓN PÚBLICA: máis de 51.000 teñen xa un ordenador no ensino público e máis de 85.000 unha educación trilingüe en Primaria e Secundaria e o Plan de plurilingüismo estenderase ao Bacharelato o vindeiro curso  

SANIDADE PÚBLICA: 3 de cada 10 galegos teñen xa ao seu carón un hospital público ou centro de saúde novo ou renovado e chegarase a 7 de cada 10 en 2016

-  SERVIZOS SOCIAIS PÚBLICOS: incrementáronse un 45% as prazas públicas de servizos sociais, impulsouse unha Lei de accesibilidade e atenderase 2.000 novos dependentes antes de que remate o ano.

DEMOGRAFÍA: Galicia terá o dobre de prazas públicas de gardería ao final de lexislatura, coa creación de 2.000 máis, e anuncia novas rebaixas fiscais que a converten na Comunidade que máis incentiva a natalidade.

FORMACIÓN: Galicia conxela por cuarto ano as taxas universitarias máis baixas de España e crea un 54% máis de prazas de Formación Profesional.

ENERXÍAS RENOVABLES: amplía á xeotermia as posibilidades de Galicia neste eido e concreta unha rebaixa de impostos para os fogares que invistan en renovables.

TERRITORIO: destaca a necesidade dunha Lei do solo que perdure no tempo e subliña os novos mecanismos que a norma incluirá contra as edificacións inacabadas.

INFRAESTRUTURAS: case o 80% dos galegos está a 15 minutos dunha vía de altas prestacións e construiranse outros 60 quilómetros ata 2016 que se suman ao investimento do Estado que garante o AVE en prazo.

TECNOLOXÍA: o 94% dos galegos teñen acceso á banda larga e poñerase en marcha un novo plan para despregar redes de 30 a 100 megas segundo os obxectivos da Unión Europea.

DEMOCRACIA: defende “resolver as eivas da política con máis e mellor política” e propón un impulso democrático desde o Goberno, o Parlamento e os partidos.

AUTONOMÍA: rexeita “aventuras frustrantes” e plantexa a Conferencia de Presidentes para debater as demandas razoables sobre o modelo de convivencia.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta