Sobre a regularización fiscal para residentes perceptores de pensións do exterior

De especial interese para Galicia foi a interpretación formulada onte pola deputada Olaia Fernández Davila do Grupo Mixto, BNG ao ministro de Facenda, e administracións Públicas, Crístobal Montoro, sobre as previsións do Goberno en relación á "inxusta esixencia da Axencia Tributaria de tributación retroactiva a miles de emigrantes retornados con pensións do estranxeiro nun contexto normativo ambiguo".

A interpelante recoñeceu que as reformas fiscais que se encontran en trámite parlamentario, son "positivas pero completamente insuficientes para resolver o problema incitante e grave dos emigrantes retornados".


Reclamou que se resolvese "este asunto non soamente eliminando os intereses de demora e as sancións, senón a obriga de tributar dende o ano 2008" pedindo expresamente que se "elimine a retroactividade, que se devolva, de oficio, aos emigrantes que xa pagaron aquilo que está ingresado en Facenda e que se resolvan os asuntos relacionados coa dobre imposición".


O ministro de Facenda, Cristóbal Montoro comezou falando do proxecto de Lei en trámite actual no Congreso, que modifica a Lei 35/2006, do 28 de novembro.


Unha Lei que na súa disposición adicional única habilita unha regularización extraordinaria de carácter completo, porque condona débedas tributarias. Que trata de facilitar a regularización fiscal que afecta a residentes en España que cobran unha pensión procedente de administracións públicas residentes no exterior.


Referiuse a dúas grandes categorías de persoas: primeiro, aos españois que emigraron e retornaron, pero a medida vai dirixida tamén a aqueles estranxeiros que están retirados en España, que é un colectivo de centos de miles de persoas, que se agora regularizan a súa situación fiscal en España e se converten en contribuíntes en España, non terán ningún tipo de sanción nin de recarga nin de intereses de demora.


O Goberno recoñecendo que se trata de persoas de avanzada idade, con maior dificultade obxectiva para coñecer e entender o ordenamento xurídico-tributario, propón un cambio da lei para eles, para favorecer o seu cumprimento exacto.


Por iso, dixo Montoro: " propoñemos á Cámara a aprobación dun período extraordinario de seis meses, dende o 1 de xaneiro ao 30 de xuño de 2015, de regularización fiscal para residentes perceptores de pensións do exterior -insisto, pensións procedentes de administracións públicas, non pensións de fondos privados-, mediante o pagamento obviamente do cen por cento da cota tributaria que corresponda e exonerando de sancións, de recargas e intereses de demora. Esa é a proposta. O importe resultante será susceptible de aprazamento ou de fraccionamento. Polo tanto, hai que liquidar a cota correspondente, pero tamén haberá aprazamentos ou fraccionamentos para facelo viable, soportable económica e financeiramente para o contribuínte. Para non facer de peor condición aqueles contribuíntes que regularizaron espontáneamente debendo aboar recargas e intereses, nin a aqueles que foron regularizados pola Administración tributaria impoñéndolles sancións, condónanse -resalte a palabra e esta si é unha condonación por lei- as recargas, intereses e sancións, que serán devoltos, adquirisen ou non firmeza. Igualmente, condónanse as recargas do período executivo, premas. Polo tanto, condónase todo, e nese terreo a devolución que está a estimar a Axencia Tributaria ascende a uns 20 millóns de euros, que entendemos que se compensarán en parte polos ingresos obtidos neste proceso de regularización,"


Informou o ministro que o colectivo obxecto de actuación ascende a 33.412 pensionistas.

Rematou o ministro afirmando que o obxectivo da reforma fiscal é contribuír ao crecemento económico e á creación de emprego, introducindo máis equidade no noso sistema tributario.



A próxima semana, no Pleno debaterase a moción consecuencia da interpretación, e nela intervirei posicionando ao GPP.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.