Arrancan os programas da tempada 2014-2015 para o termalismo social

Informa hoxe o IMSERSO que os programas para o turismo e o termalismo social, do que se benefician ao redor dun millón de persoas maiores todos os anos, arrancan mañá, cando se poñan á venda as prazas de modo graduado segundo a comunidade autónoma.

Andalucía, Extremadura e País Vasco lanzarán a súa oferta dende mañá mesmo, e seguiranas as demais ata o próximo día 27. Así, o próximo martes chegarán as quendas de Aragón, Castela-A Mancha, Cantabria, Ceuta, Galicia, Baleares, Canarias, Melilla, Murcia e Navarra. Dous días despois iniciarán a venda Comunidade Valenciana e Cataluña. Pecharán a partir do día 27 as comunidades de Asturias, Castela e León, La Rioja e Madrid.

As previsións da Dirección deste organismo, dependente do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, que dirixe Ana Mato, apuntan que se formalicen máis de 8 millóns de pernoctacións e á creación de 88.779 postos de traballo.

Balneario de Laias
896.666 son as prazas ofertadas, as mesmas que na tempada 2013/2014, para os ao redor de 400 establecementos, entre hoteis e balnearios, que se acolleron a ambos os dous programas do IMSERSO a próxima tempada. Os niveis de ocupación roldan o 97- 98%, o que ilustra o grao de satisfacción dos usuarios dunhas actividades que se clasifican a súa tipoloxía (natureza, estanzas en praia, itinerarios culturais, etc) e en zonas de destino (península, Illas Baleares ou Canarias).

Se hai unha vantaxe a recalcar da prestación dos servizos aparellados os programas de turismo e termalismo social, esa é a potenciación do envellecemento activo, xa que ambos os dous programas deparan aos usuarios un elenco variado de actividades e entretemento, así como fomentan relacións sociais, a participación e hábitos saudables.

Pero hai unha segunda vantaxe, que é o impacto económico, especialmente o laboral, xa que tales programas xeran unha actividade económica que se estima en máis de 317 millóns de euros e case 89.000 postos de traballo. En consecuencia, estes programas melloran a calidade das persoas maiores e fortalecen un sector, o turístico, durante a tempada baixa.

Celebro moito esta noticia pois tanto os Programas de Termalismo Social do Estado como das Comunidades Autónomas e das Deputacións Provinciais, sendo importantes para o benestar social das persoas maiores, o son especialmente para o desenvolvemento económico e a creación de emprego no medio rural. 


O caso da provincia de Galicia e en especial de Ourense é un bo exemplo.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.