Rafael Catalá Polo novo Ministro de Xustiza

Hoxe no Pazo de Zarzuela ante Sua Maxestade O Rei tivo lugar a xura do cargo do novo Ministro de Xustiza Rafael Catalá Polo, tras a dimisión do seu antecesor, Alberto Ruiz-Gallardón Jiménez.

Acudiron tamén o presidente do Goberno, Mariano Rajoy Brey e o vicepresidente do Goberno e ministra da Presidencia, Soraya Sáenz de Santamaría.

O novo ministro é Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid. Pertence ao Corpo Superior de Administradores Civís do Estado dende 1985.

Ocupou distintos cargos na Administración Xeral do Estado, entre eles os de: Director Xeral da Función Pública (1996-1999), Director Xeral de Persoal e Servizos do Ministerio de Educación, Cultura e Deportes (1999-2000), Subsecretario de Facenda (2000-2002) e Secretario de Estado de Xustiza (2002-2004).

Dende o 23 de decembro de 2011 era o Secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda e Presidente de Enaire.

Xustamente esta última responsabilidade centrada nos temas de Fomento é a que me permitiu coñecelo persoalmente e por iso estou en condicións de acreditar os seus coñecementos, capacidade de xestión, profesionalidade e talante, que sen dúbida lle permitirán desempeñar con todas as garantías o seu novo posto á fronte dun Ministerio de tanta transcendencia, como o de Xustiza.

As miñas felicitacións ao novo ministro.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.