sábado, 6 de septiembre de 2014

O Ministerio de Fomento destinará 128,3 millóns de euros ás políticas de axuda á vivenda en Galicia durante o período 2013-2016

Onte en Santiago de Compostela tivo lugar o acto da firma do Convenio para a execución do Plan Estatal de Fomento do aluguer de Vivendas, a rehabilitación edificatoria, e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016, subscrito pola ministra de Fomento, Ana Pastor e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

A través deste convenio, transferiranse dende o presuposto do Ministerio de Fomento á Comunidade Autónoma de Galicia, 35 millóns de euros polas subvencións previstas no Plan, ao que hai que sumar as cantidades destinadas ás subsidiacións de préstamos de vivenda a residentes nesta Comunidade e outras subvencións correspondentes ao período de transición entre os plans anteriores e o novo. Todo iso supón un investimento total por parte do Ministerio de 128,3 millóns de euros.

Ao investimento que destina Fomento a este Plan, que considera axudas ao aluguer, á rehabilitación de vivendas e á subsidiación de préstamos hipotecarios, hai que engadir a achega da Comunidade Autónoma.

A partir deste investimento prevese que a participación do sector privado nas áreas de rehabilitación de edificios, rexeneración e renovación urbanas ascenda a 48 millóns de euros, o que podería xerar ao redor de 1.400 postos de traballo en tres anos na nosa Comunidade.
Programas:

O Plan Estatal da Vivenda contempla sete programas:

- Programa de subsidiación de préstamos convidos:

A subsidiación é unha axuda que se desconta da cota do préstamo hipotecario. Mantéñense as axudas de subsidiación concedidas en aplicación de plans de vivenda anteriores, para axudar aos debedores hipotecarios con menos recursos a facer fronte ás obrigas dos seus préstamos.

- Programa de axuda ao aluguer: O obxectivo deste programa é facilitar o acceso e a permanencia nunha vivenda en réxime de aluguer a sectores de poboación que teñan dificultades económicas. Como beneficiarios figuran as persoas físicas maiores de idade cun límite de ingresos inferior a 3 veces o IPREM (22.365,42 €), modulable segundo o n.º de membros e composición da unidade de convivencia, o que asegura que accedan á axuda as familias máis necesitadas. O aluguer mensual debe ser igual ou inferior a 600 €. As axudas serán de ata o 40% da renda do aluguer, cun límite de 2.400 € anuais por vivenda e un prazo máximo de 12 meses prorrogable ata o final do Plan. Terán preferencia as persoas afectadas nos procedementos de desafiuzamentos.

- Programa de fomento do parque público de vivenda en aluguer: Este programa ten por obxecto a creación dun parque público de vivenda protexida para aluguer sobre chans ou edificios de titularidade pública. Como beneficiarios figuran as Administracións públicas, organismos públicos, fundacións e asociacións declaradas de utilidade pública, ONG e empresas privadas con dereito de superficie. As axudas alcanzarán un máximo de 250 € por m2 útil da vivenda en proporción á superficie desta, de ata o 30% do custo da edificación cun límite máximo de 22.500 € por vivenda. Dentro do programa figuran vivendas de aluguer en rotación: para unidades de convivencia con rendas ata 1,2 (8.946,17 €) veces o IPREM. O prezo do aluguer non poderá superar 4,7 € mensuales/m2 útil; e vivendas de aluguer protexido: para unidades de convivencia con ingresos entre 1, 2 e 3 veces o IPREM (entre 8.946,17 e 22.365,42 €). O prezo do aluguer non poderá superar 6 € mensuais/m2 útil. Polo menos o 50% teñen de ser vivendas de aluguer en rotación.

- Programa de fomento da rehabilitación edificatoria: Este programa está orientado ao impulso das actuacións de intervención en edificios e instalacións para mellorar o seu estado de conservación, garantir a accesibilidade e mellorar a eficiencia enerxética. Os inmobles deberán ter unha antigüidade anterior a 1981 e polo menos o 70% da súa superficie debe ter uso residencial de vivenda e constituír o domicilio habitual dos seus propietarios ou arrendatarios. Como beneficiarios figuran comunidades de propietarios, agrupacións de comunidades ou propietarios únicos de edificios de vivendas. As axudas serán de ata 4.000 € por vivenda para conservación; ata 2.000 € por vivenda para mellora da eficiencia enerxética (5.000 € se se reduce nun 50% a demanda enerxética do edificio); ata 4.000 € por vivenda para mellora de accesibilidade. A contía non poderá superar o 35% do presuposto; excepcionalmente no caso de mellora da accesibilidade o 50% e en todo caso 11.000 € como máximo por vivenda.

- Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana: O obxectivo deste programa é o financiamento da realización conxunta de obras de rehabilitación en edificios e vivendas, de urbanización ou reurbanización do espazo público ou de edificación en substitución de edificios demolidos, dentro dun ámbito delimitado: mínimo 100 vivendas, salvo excepcións (Ej: cascos históricos ou núcleos rurais). Poderán beneficiarse deste os que asuman a responsabilidade da execución integral do ámbito de actuación: Administracións Públicas, comunidades de propietarios, agrupacións de comunidades, consorcios, entes ou empresas privadas. As axudas serán un máximo do 35% do presuposto, cun tope de:

. Ata 11.000 € por vivenda rehabilitada.
. Ata 30.000 € por vivenda construída en substitución doutra demolida.
. Ata 2.000 € por vivenda para a obra de urbanización.
Poderanse engadir 4.000 € anuais (máximo 3 anos) por unidade de convivencia a realoxar.

- Programa de implantación do informe de avaliación de edificios:  O IAE é un informe regulado na Lei 8/2013, do 26 de xuño que analiza o estado de conservación, accesibilidade e a eficiencia enerxética do edificio. O obxecto deste programa é dar un impulso á implantación e xeneralización dun Informe de avaliación dos edificios (IAE) que inclúa a análise das condicións de accesibilidade, eficiencia enerxética e estado de conservación, mediante unha subvención que cubra parte dos gastos dos honorarios profesionais pola súa emisión. Poderán beneficiarse deste comunidades de veciños, agrupacións de comunidades ou propietarios únicos que realicen o informe de avaliación antes de que finalice o ano 2016. Concederase unha axuda de 20 € por vivenda cun máximo de 500 € por edificio e do 50% do custo do informe do edificio.

- Programa de fomento de cidades sostibles e competitivas:


Este programa ten por obxecto o financiamento da execución de proxectos de especial transcendencia: Mellora de barrios, Centros e Cascos históricos, substitución de infraviviendas, Eco-barrios e zonas turísticas. Como beneficiarios figuran as administracións públicas territoriais, propietarios de edificios de vivendas, comunidades de propietarios, consorcios, entes asociativos de xestión.

 Na rolda de prensa posterior, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que este proxecto está caracterizado polo seu compromiso e sensibilidade coa situación actual, así como pola súa orientación cara a un futuro racional e sustentable nesta materia, e coincide así cos grandes eixes da política de vivenda que vén desenvolvendo a Xunta.

Nese sentido, destacou que o plan mostra un compromiso co presente porque aposta polas axudas ao alugueiro como fórmula para facer fronte á contradición posta á luz durante a crise pola existencia dun gran parque de vivendas baleiras e, por outra banda, de sectores de poboación con dificultades para acceder a un fogar.

Ademais, o presidente galego subliñou que o Plan estatal de vivenda contén un compromiso co futuro, porque fomenta a rehabilitación como fórmula para garantir edificios ben conservados, máis seguros e eficientes, así como cidades e barrios máis sustentables. Dese xeito, ademais, sinalou, garántese unha alternativa para o sector da construción, duramente afectado pola crise.

O titular da Xunta apuntou que o Goberno galego deposita altas expectativas na nova fase do Plan de Vivenda porque conta co aval dos bos resultados da primeira fase: 70% cumprido no que a alugamento se refire e 90% no caso da rehabilitación.

Por ese motivo, explicou que a Administración autonómica realizou xa un traballo de preparación previo, aprobando hai meses o decreto necesario para comezar a aplicar o plan en canto estivese asinado o convenio. Así, informou de que a Xunta ten xa redactadas e en tramitación para seren publicadas en canto se cumprimenten os pasos legais necesarios.

Remarcou que desde o ano 2009 o Goberno galego investiu 76 millóns de euros en rehabilitación. E, nesta estratexia, afirmou que a Xunta seguirá a dar prioridade á rehabilitación de vivendas no rural e de vivendas e edificios emprazados en núcleos históricos galegos.

Así mesmo, engadiu que está previsto dar continuidade á liña de adquisición de vivendas para a súa rehabilitación e posterior cualificación como de promoción pública para destinala á poboación con menos recursos, algo no que a Xunta xa investiu máis de 10 millóns de euros desde 2009.

Feijóo avanzou, ademais, que o convenio asinado co Ministerio permitirá continuar impulsando as áreas de rehabilitación, un ámbito no que Galicia é pioneira coa declaración das primeiras áreas de rehabilitación que existiron en España. Na actualidade, detallou, existen 57 áreas de rehabilitación declaradas en Galicia, das que 56 se encontran en 38 concellos e outra corresponde aos municipios do Camiño, co que o total de localidades afectadas é de 107.

Noraboa a ministra Ana Pastor e aoo presidente Feijóo polo impulso dado a unha política social de auténtica necesidade como é a de vivenda.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta