sábado, 27 de septiembre de 2014

No Congreso do PP do Carballiño

Acudo hoxe como invitado ao Congreso Local do PP de Carballiño, no que a única candidatura que se presentou foi a encabezada por Argimiro Marnotes Fernández, que acadou o 97,73% de apoio dos compromisarios que depositaron os seus votos no proceso electoral.

Durante a súa intervención, o recén elixido presidente local agradeceu a todos os asistentes o apoio amosado cara a candidatura que preside. De feito, avanzou que a nova Xunta Local do PP de O Carballiño está integrada por 48 persoas, "un equipo amplo e heteroxéneo onde aunamos diferentes perspectivas, inquedanzas e sensibilidades, co cal abarcamos un certero reflexo do que precisa a cidadanía desta vila".

 Tamén lembrou, que a primeira vez que presidiu o PP local, en 2010, "tamén constituimos un equipo amplo e fumos encadenando victorias electorais en todos e cada un dos procesos aos que concurrimos". Por iso mesmo, o obxectivo a curto prazo "é seguir traballando en facer partido, fortalecer o noso equipo e apuntalar a nosa hexemonía no que a preferencias políticas dos cidadáns de O Carballiño se refire".

Neste senso tamén se pronunciou o secretario xeral do PP de Galicia, Alfonso Rueda, quen agradeceu o intenso traballo que realizan os populares da Vila do Arenteiro.

Xa no discurso de clausura do Congreso Local de O Carballiño, o presidente provincial dos populares ourensáns, Manuel Baltar, destacou a fortaleza do PP a nivel local presidido por Argimiro Marnotes e recalcou que "o PP é unha garantía de éxito para acadar melloras na calidade de vida no Carballiño, onde a cooperación, o traballo, a xestión e as ideas son o básico deste proxecto".

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta