sábado, 12 de julio de 2014

Na Escola de Verán "Miguel Ángel Blanco"

Asisto onte no Carballiño ao acto inaugural da cuarta edición da Escola de Verán "Miguel Ángel Blanco" que organiza o PP de Ourense.

Trala presentación, a cargo do alcalde anfitrión, Argimiro Marnotes; o secretario xeral, Rosendo Fernández, lembrou a traxectoria do xoven edil asasinado vilmente hai 17 anos.

O primeiro relatorio, a cargo de Agustín Hernández, vicesecretario xeral do PPdeG e alcalde de Santiago dende hai 72 horas, foi presentado polo presidente provincial, Manuel Baltar, quen agradeceu a Hernández o seu constante apoio cara todas as iniciativas do PP de Ourense, lembrando a súa presencia en 13 dos 52 congresos locais celebrados ata a data na provincia, e glosou a súa fonda vocación política "que sempre busca sumar, e nunca crear problemas, senón solucionalos". 

Agustín Hernández xa como alcalde de Santiago, abordou a vertiente económica e cultural do turismo, así como o seu impacto local. "Contemplar a nosa propia realidade dende outros puntos de vista sempre é enriquecedor para non perder a nosa identidade, evolucionar e mellorar nestes tempos", sinalou. Co Camiño de Santiago como eixo fundamental, Hernández sostivo que é un eixo fundamental no pasado, presente e futuro do municipio compostelán. "Imos no bo camiño. Contamos cuns recursos únicos que debemos poñer en valor", precisou Agustín Hernández, con preto de 450.000 pernoctacións no pasado ano cunha importante porcentaxe das internacionais.

O segundo relatorio da xornada correu a cargo de Francisco Conde, conselleiro de Economía e Industria, presentado pola secretaria executiva de Economía do PPOU, Beatriz Tejada.

A súa intervención versou sobre a importancia do Turismo, "que de xeito moi importante está contribuindo á recuperación económica e á creación de emprego", salientando múltiples exemplos en Ourense, como é o auxe termal, iniciativa que considera que "debe ser apoiada e potenciada", tendo en conta que máis de tres millóns de turistas visitan Galicia cada ano, sendo un sector económico clave, "unha fortaleza sobre a que temos que traballar e reflexionar". E non só o turismo, senón tamén as industrias culturais, son piares fundamentais, segundo Francisco Conde, para impulsar a economía de Galicia.

Hoxe desde as 18.30 horas continua a escola. Primeiro cun Relatorio sobre "O Plan Integral de Turismo de Galicia 2014-2016", a cargo de María Nava Castro Domíngues, e presentada por Moisés Blanco Paradelo.

E desde as 19.30 horas co  Relatorio "O Plan Termal Provincial", a cargo de Argimiro Marnotes Fernández, e presentado por Rosendo Fernández.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta