jueves, 10 de julio de 2014

Avances no Proxecto de Trazado de construción dun enlace completo coa N-120 na Rúa de Valdeorras

O BOE de hoxe publica o Anuncio da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia sobre a Resolución do Ministerio de Fomento de aprobación do Expediente de Información Pública relativo ao "Proxecto de Trazado. Construción de enlace completo na Rúa, entre os pp.kk. 465 750 e 466 360, na N-120" cun orzamento estimado Base de Licitación (IVA excluído) de 1.088.647,08 €, cunha serie de prescripcions a considerar no proxecto de construción.

Resolución que pon fin á vía administrativa, de conformidade co disposto no artigo 109.c) da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, na redacción dada pola Lei 4/99.


Unha vez aprobado o expediente de información pública, redactarase o preceptivo proxecto de construción, que deberá tamén ser aprobado, con obxecto de poder iniciar o expediente expropiatorio e poder licitar as obras. O orzamento de licitación das obras é de 1,32 millóns de euros (IVA incluído).

A estrada N-120 atravesa o término municipal da Rúa de Valdeorras, discorrendo entre os núcleos de Vilela e A Rúa desde o P.K. 465 000 ao 468 000, existindo actualmente un acceso a nivel á N-120 aos citados núcleos no P.K. 467 000 aproximadamente que carece de carriles de cambio de velocidade de aceleración e deceleración. 

As obras proxectadas teñen por obxecto a mellora da seguridade vial mediante a construción dun enlace completo no P.K. 466 000 aproximadamente.


Defínense dous novos accesos aos núcleos de Vilela e A Rúa, entre o P.K. 465 750 e 466 360. 


Os accesos estarán dotados dun carril de deceleración con xiro á dereita para a saída do tráfico, seguido dun carril de aceleración para a incorporación dos vehículos. 


Debido á proximidade a outros accesos existentes na N-120, fíxose preciso realizar unha reordenación dos mesmos xa que nun tramo de 1,7 km existían ata dez accesos actualmente. 


Ademais, proxéctase a rehabilitación do firme entre os P.P.K.K. 465 750 e 466 360 e a adecuación tanto da señalización vertical como horizontal.


Celebro moito esta Resolución que permite seguir avanzando neste proxecto tan necesario para A Rúa de Valdeorras polo que levo anos interesándome.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta