martes, 1 de julio de 2014

Aceleración no ritmo de crecemento económico

Onte o ministro de Economía e Competitividade, Luis de Guindos, destacou nunha intervención nun acto público que "a recuperación da economía española está en marcha", tras corrixir os desequilibrios acumulados durante a expansión económica. O crecemento económico estase a acelerar, cara a taxas anuais "próximas ao 1,5%", explicou.
Na súa opinión, esta mellora débese a que España é hoxe unha economía competitiva e a que se disiparon por completo as dúbidas sobre o futuro do euro, un proceso no que resultou crave a posta en marcha da Unión Bancaria.
De Guindos subliñou que xa se acumulan catro trimestres de crecemento e que este será o primeiro ano en que o PIB rexistrará unha taxa anual positiva dende que se iniciou a crise.
Segundo os indicadores adiantados e as estimacións do Ministerio de Economía, o ritmo de crecemento no segundo trimestre do ano será maior que o do primeiro. Apuntou que esta mellora se debe a unha recuperación da demanda doméstica, tanto do consumo das familias coma do investimento en bens de equipo, e á maior dispoñibilidade de crédito novo.
En canto ao mercado laboral, subliñou que a economía xa está xerando emprego neto e que, grazas ás reformas estruturais, España o consegue con taxas de crecemento máis baixas que no pasado.
Malia estas melloras, apuntou que "quedan importantes retos por diante". Sinalou que "é importante continuar coa consolidación fiscal".

Tamén destacou que o Goberno segue traballando en reformas como a fiscal, que ten como obxectivo "establecer os incentivos a medio e longo prazo para o crecemento da economía"; incentivos relacionados co aforro, o traballo e o investimento. Concluíu que "España é un gran país, con capacidade de innovar e competir no exterior, polo que ten un futuro prometedor."

Nesta liña de optimismo pronunciouse onte Madrid na conferencia inaugural do curso de Economía do Campus FAES 2014. o ministro federal de Finanzas de Alemaña, Wolfgang Schäuble, afirmando que "non" hai alternativa entre reducir o endebedamento e impulsar o crecemento" e diso "España foi un exemplo estes dous últimos anos".

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.