Nova Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas: Ethel Vázquez Mourelle

Esta mañá no Pazo de Raxoi tomou posesión diante do Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, Ethel Vázquez Mourelle como nova Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas; en substitución de Agustín Hernández.

Nacida en Santiago de Compostela hai 41 anos, Ethel Vázquez Mourelle, é enxeñeira de Camiños, Canais e Portos pola Universidade da Coruña e desde setembro de 2010 directora da Axencia Galega de Infraestruturas (antes Dirección Xeral de Infraestruturas). 

Con anterioridade foi presidenta de Augas de Galicia e da EPOSH (maio 2009 – setembro 2010), organismo no que traballou desde o ano 2003.

Desexo moitos éxitos á nova Conselleira ao tempo que expreso o recoñecemento ao intenso e excelente traballo realizado polo seu predecesor Agustín Hernández.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.
Con la tecnología de Blogger.