sábado, 21 de junio de 2014

No Congreso do PP do Barco de Valdeorras

Viaxei e esta mañá a capital de Valdeorras para asistir na Casa de Río Cigüeño ao Congreso Local do PP en O Barco.

 A única candidatura presentada foi a de Moisés Blanco Paradelo, que acadou o 100% de apoio dos votos emitidos polos compromisarios participantes neste proceso de elección interno.

Durante a súa intervención, o presidente local electo agradeceu o unánime apoio recibido e destacou a unidade existente dentro do PP de O Barco, tanto de militantes e afiliados, como de concelleiros, ex concelleiros e ex presidentes locais, unidos e amosando como un dos seus compromisos o de "seguir traballando nesta línea para continuar sumando apoios". 

Moisés Blanco tamén falou no seu discurso acerca da necesidade de rexeneración nas institucións, premisa que exemplificou na situación do Concello de O Barco de Valdeorras, "instalado nun ciclo de goberno agotado, onde a democracia e a transparencia brilla pola súa ausencia". A alternativa, para Blanco Paradelo, é sinxela: o PP. "O Partido Popular de O Barco xa pasou suficiente tempo na oposición, demostrando que hai alternativas, que hai ideas, que hai discurso. En definitiva, que está preparado para dirixir o cambio que precisa o municipio". 

Ademáis de reiterar os seus agradecementos a tódolos militantes presentes -moitos deles integrantes doutras listas en anteriores congresos locais-, Moisés Blanco lembrou que en O Barco o PP non gañou unhas eleccións xerais ata o ano 2000, e que só ostentou a Alcaldía durante 12 anos. Hoxe en día, o PP recuperou 12 puntos de apoio porcentual en O Barco, demostrando así a crecente confianza dos barquenses no PP.

Tralo discurso do presidente local electo, tomaron a palabra Pedro Puy Fraga, membro do Comité Executivo do PPdeG, e o presidente provincial, Manuel Baltar, encargado de clausurar o Congreso Local. Manuel Baltar alabou a unidade e a capacidade de traballo dos populares barquenses, animando á nova xunta local a seguir traballando no mesmo camiño para consolidar "un equipo gañador que acadará a confianza maioritaria dos seus veciños para situar a O Barco onde se merece".

Por último, o Congreso Local do PP serviu tamén para rendir homenaxe de lembranza a tódolos militantes, afiliados e cargos populares de O Barco que faleceron nos últimos anos -53 en total, que lembrou a irmá de Pepín Crespo, histórico presidente local que faleceu en accidente de coche cando se dirixía a Ourense a unha reunión de partido-, entre os que se atopaban, por exemplo, o ex alcalde de O Barco e presidente de honra do PP local, Julio Gurriarán; Delia Afreijo, histórica militante, a primeira afiliada ao PP barquense; ou Gabino Méndez, membro da executiva local. 

Todos eles significados pola súa entrega e traballo a prol do Partido Popular, tal e como se puxo de manifesto na homenaxe. 

Noraboa a Moisé Blanco e a todo o PP desta importante Vila.