No IV Foro Parlamentario Luso-Español

Participei hoxe na localidade lusa de Vidago no IV Foro Parlamentario Luso-Español, no que participaron deputados da Asemblea da República Portuguesa e do Congreso dos Deputados, previo ao Cume bilateral gubernamental dos vindeiros días que se celebrará en breve para estreitar a cooperación en todos os ámbitos.

Nel debatimos asunto de especial interés para España e Portugal que comparten numerosos vínculos sociais, históricos, culturais e económicos que ambos países deben preservar.

Os deputados da Asemblea da República Portuguesa e do Congreso dos Deputados de España traballamos en diversos ámbitos de interese común. Cito alguns deles que teñen maior incidencia en Galicia.

No ámbito das infraestructuras e o transporte, como presidente da Comisión de Fomento do Congreso, intervin facendo un repaso dos avances producidos nos dous últimos anos nestas materias. 


En relación coa conexión ferroviaria entre Vigo e Porto, constatei como desde o mes de xuño do pasado ano, xa é posible dispoñer dun billete único e como desde o primeiro xullo establecéronse dúas frecuencias diarias por sentido que permiten facer este traxecto en dúas horas quince minutos fronte ás dúas horas e 54 minutos de antes, o que se traduciu nun incremento de case o 40 % do número de viaxeiros.

O Foro marcouse como novo reto seguir reforzando a relación Porto-Vigo mediante a modernización do material circulante (trens) con vistas a unha futura electrificación da vía.

Igualmente, a miña petición foi incluida finalmente entre as conclusións do Foro Parlamentario unha na " que se pide aos gobernos que sigan apoiando ás Agrupacións Europeas de Cooperación Territorial dos dous países para facilitar e fomentar a cooperación transfronteriza e ínterrexional co fin de reforzar a cohesión económica, social e territorial".

Trátase de recoñecer o importante papel que están xogando xa as Eurocidades, como é o caso da Chaves-Verín que integra a 55.000 persoas.

Pola súa banda, o deputado coruñés Antonio Erias traballou cos seus homólogos portugueses en todos os temas relacionados coa enerxía. As conclusións finais do Foro Luso-Español recollen instar aos respectivos Gobernos a intensificar o mercado ibérico do gas (MIBGAS), tomando como modelo o camiño percorrido co mercado ibérico da electricidade (MIBEL).


Igualmente, España e Portugal apostan por reforzar as súas relacións en términos de redes de transporte de gas, para potenciar a utilización das terminales de gas natural licuado existentes na Península Ibérica.

A deputada Ana Vázquez colaborou nos traballos relacionados con temas de Interior, nos que, entre outros, abordouse a loita contra o terrorismo, con especial referencia ao grupo de Resistencia Galega, xa que, na actualidade, detectáronse indicios que vinculan a actividade deste grupo galego con Portugal.

Entre as conclusións do Foro está a de fomentar a loita contra o crime organizado en ambos países, con especial referencia a trata de seres humanos con fins de explotación sexual. Neste sentido, falouse da posibilidade de reforzar os centros de cooperación policial e aduaneira creando un centro na Eurociudade de Verín-Chaves que complete os 5 existentes (2 en territorio español, en Tui e Badajoz, e 3 en Portugal, en Vilar Formoso-Salamanca, Castro Marim-Huelva e Quintaniha-Zamora).


Os deputados de ambos países buscamos unificar unha postura conxunta en relación á inmigración irregular de cara a pedir a cooperación da UE e traballaron para coordinar medidas en apoio á protección civil para casos de catástrofes naturais ou incendios. Desde 2008, España interveu en 146 incendios en Portugal e medios portugueses interviron en 31 incendios en territorio español.

No Foro falouse de facilitar o traslado das vítimas de accidentes de tráfico a ambos os dous lados da fronteira para que deixen de tratarse como traslados internacionais, con todas as dificultades burocráticas que iso conlleva.

Unha novidade importante deste Foro Parlamentario foi o que por primeira vez abórdense cuestións relacionadas co emprego e a sanidade.

 En relación co primeiro tema, nas conclusións recóllese instar aos respectivos Gobernos de España e Portugal a dar os pasos necesarios para implementar medidas que fomenten o crecemento e o emprego, con especial atención ao emprego xuvenil, traballando conjuntamente coas institucións da UE para a posta en marcha de novos programas de apoio a este obxectivo.

Finalmente, os deputados invitamos aos Gobernos de ambos países a adoptar medidas para lograr unha cooperación efectiva en materia de atención sanitaria transfronteiriza, garantindo unha prestación do servizo de calidade.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.