O nivel de execución das obras do AVE a Galicia multiplicouse por tres nesta lexislatura

Celebramos hoxe sesión da Comisión de Fomento do Congreso na que debatemos unha iniciativa do GPS pola que se instaba ao Goberno a garantir que o AVE Madrid-Galicia executásese "con plenas garantías" e mantendo as características de alta velocidade "na súa integridad".


Defendeu a iniciativa o deputado pontevedrés Guillermo Meijón. 


Neste debate intervín en nome do GPP e destaquei o bo ritmo ao que avanzan as obras do AVE en Galicia e recordei que o investimento total no AVE a Galicia ascende no que vai de Lexislatura a 1.244 M€.



Afirmei que cando Ana Pastor tomou posesión como ministra de Fomento, en decembro de 2011, só se executaron 483 M€ da liña Olmedo-Ourense (o 6% do investimento previsto), e que o balance desta Lexislatura é que multiplicou por máis de tres ese investimento, que hoxe xa é de case 1.727 M€ (superamos o 20% do investimento total estimado).


O deputado popular explicou que no que vai de Lexislatura adxudicáronse investimentos por un importe superior aos 2.570 M€.

"Non necesitamos apoiar unha PNL para impulsar a alta velocidade a Galicia porque xa o estamos facendo con orzamentos e con feitos”, aclarei respondendo ao deputado socialista Guillermo Meijón que as verdadeiras “tres D “ que caracterizan ao PP de Ana Pastor e de Mariano Rajoy son: “decisión” en levar o AVE a Galicia, “dotación” presupuestaria para conseguilo e “determinación” en traballar por este obxectivo bo para os galegos e para toda España.

Como contraposición, botei en cara ao PSOE que a "tripe D” dos socialistas en Galicia foi "deixamento”, por ter tantos anos os proxectos de alta velocidade a Galicia esquecidos nun caixón; “débeda”, polos 40.000 millóns de buraco que deixaron no Ministerio de Fomento e “despilfarro”, polos 8.000 millóns de sobrecustos das infraestructuras".

Dixen que a PNL dos socialistas quedou desfasada grazas aos esforzos feitos polo Goberno para cumprir con Galicia e, neste sentido, citei, como exemplo, que o pasado mes de marzo se licitóu o contrato para as instalacións de seguridade e comunicacións entre Olmedo e Ourense (640,8 M€). “Grazas a estas licitacións e adxudicacións lanzamos as obras de plataforma entre Lubián e Taboadela conseguindo que a finais de 2012 estivesen adxudicadas as obras de todos os tramos desta plataforma”

Afirmei crer que o compromiso do Ministerio que dirixe Ana Pastor con esta liña é inequívoco, como o demostra tamén a publicación no BOE, o pasado día 11 de abril, da aprobación do estudo informativo coa nova resolución entre Taboadela e Ourense que presentou a ministra en Ourense en 2013.


Rematei a intervención, falando da publicación no BOE do 14 de marzo da licitación do contrato para redactar os proxectos constructivos, execución de obras, conservación e mantemento, etc, do tramo Olmedo-Ourense-Santiago, por importe de 640 millóns de euros, e cualifiquei esta licitación como “moito máis ventaxosa” que a que os socialistas suscitaran sobre este mesmo tema en 2011, que tiña un importe de 905 millóns de euros e era moito máis gravosa, máis cara e implicaba o pago de enormes intereses.

Para ver este debate na súa totalidade pode premer neste link:





Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.
Con la tecnología de Blogger.