Escoitando en Compostela á Ministra Ana Pastor

Asisto hoxe no Hostal dos Reis Católicos. en Santiago de Compostela a un almorzo informativo Fórum Europa Tribuna Galicia da ministra de Fomento, Ana Pastor, pague foi resentado por el presidente de la Xunta.

Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que Galicia soubo adaptarse aos novos tempos a través dun novo galeguismo cosmopolita, integrador e cooperativo, “que ve ao seu redor unha chea de posibilidades que están pedindo ser aproveitadas”.

Así mesmo, destacou que esa “vigorosa” adaptación aos tempos atopa tamén a resposta na consolidación de infraestruturas de todo tipo que sitúan á comunidade nunha posición inmellorable para que esa apertura mental se traduza en feitos. “Portos, aeroportos, autoestradas, ferrocarril, son o sistema circulatorio que nos permite estar vencellados ao resto do mundo, e ser aptos para aproveitar os novos tempos”, dixo.

Referiuse ao AVE como “un complemento imprescindible que só de un modo mesquiño se nos pode regatear desde nacionalismos insolidarios”.

Nesta liña, o titular da Xunta resaltou que Ana Pastor está a conseguir do seu Ministerio un motor do crecemento, un factor de solidariedade territorial e, en consecuencia, unha peza esencial do Estado do Benestar, sen fuxir por iso das realidades necesarias. “As nosas infraestruturas modernízanse e amplíanse, mesmo nun período complicado para un departamento inversor”, recoñeceu, ao que engadiu que Galicia é a terceira en investimento en números absolutos (1.353 millóns de euros) e per cápita, e a segunda se se teñen en conta só os orzamentos do Ministerio de Fomento.

Ese esforzo, segundo Feijóo, non só é cuantitativo senón que tamén vai permitir dar saltos cualitativos moi importantes. Non en van, os 1.283 millóns de euros licitados para a alta velocidade e os 2.166 millóns adxudicados achegan cada vez máis o AVE a Galicia, garantindo as partidas necesarias para cumprir os prazos do Eixo Atlántico e da conexión coa meseta.

Do mesmo xeito, salientóu que en estradas, e tras o remate este ano da Autovía do Cantábrico no territorio galego, séguese avanzando nos tramos da A-54 (Santiago-Lugo), así como na Terceira Rolda, a conexión co Porto Exterior da Coruña ou a autovía que une Pontevedra e Vigo.

Durante a súa intervención, Feijóo destacou, ademais, a andaina administrativa e política da ministra, subliñando que “en cada paso que dá, Ana Pastor vaise impregnando da idea que asocia as responsabilidades públicas co servizo á sociedade”.

Na súa intervención Ana Pastor afirmou que Galicia se gañou por merecemento propio o dereito a dispoñer das infraestructuras que necesita para crecer e encarar o futuro en crave de oportunidade. 

Dixo que "o investimento de Fomento en Galicia durante 2012, 2013 e o previsto para 2014 elévase a 4.262 M€. É, ademais, a 3ª comunidade autónoma con maior volume de investimento do Ministerio de Fomento nos Orzamentos de 2014, con 1.295 M€ (un 125% por encima da media nacional).

Sobre o tramo Olmedo-Ourense do AVE a Galicia dixo que é "unha das nosas grandes actuacións. Nestes dous anos démoslle un forte impulso.

Cando tomei posesión como ministra de Fomento, en decembro de 2011, só executaron 483 M€ nela (o 6% do investimento previsto). No que levamos de lexislatura multiplicamos por máis de tres ese investimento, que hoxe xa é de case 1.727 M€ (superamos o 20% do investimento total estimado)"

E engadiu " Os avances nesta liña foron moi importantes. No que vai de lexislatura adxudicamos investimentos por un importe superior aos 2.570 M€. O pasado mes de marzo se licitóu o contrato para as instalacións de seguridade e comunicacións entre Olmedo e Ourense (640,80 M€). Grazas a estas licitaciones e adxudicacións, lanzamos as obras de plataforma entre Lubián e Taboadela, conseguindo que a finais de 2012 estivesen adxudicadas as obras de todos os tramos de plataforma desde Lubián a Taboadela.

Ademais, "o pasado día 11 de abril, publicamos no BOE a aprobación do estudo informativo coa nova resolución entre Taboadela e Ourense que presentei en 2013. Con todas estas cifras e estes avances cumpriremos o obxectivo de que o AVE chegue a Ourense en 2018, permitindo a conexión en alta velocidade entre o centro da meseta e o noroeste peninsular."

Finalmente anunciou que o Ministerio de Fomento dará luz verde este mes á licitación das obras de ampliación da AP-9 na ponte de Rande e na circunvalación de Santiago.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.





Con la tecnología de Blogger.