Eleccións Europeas: no Mitin do ourensán barrio das Lagoas

Participo hoxe no primeiro mitin da campaña electoral na cidade, Foi no local  na asociación de veciños das Lagoas. 

O acto foi presentado por Miguel Abad (presidente do distrito 1, no que está ubicada esta asociación), logo eu, e despois Rosendo Fernández e Jesús Vázquez Abad.


Adiquei a miña intervención a explicar  a importancia que ten a Unión Europea na nosa vida cotiá e puxen exemplos a nivel Ourense, Galicia e do conxunto do Estado. Especialmente relacionadas cos fondos comunitarios, como acreditan os actuais investimentos en apoio da liña de AVE entre Olmedo e Ourense, a EDAR de Ourense ou abastecemento de auga potable a nosa cidade.

Dixen que estamos ante unha campaña para reafirmarnos en Europa e desde Europa, e que políticas reformitas e de austeridade, como as do PP son as que nos están sacando da crise.

Tamén falei dos problemas do noso País - especialmente do paro - pero tamén da recuperación que estamos vendo día a día.

Rematei pedindo o voto para a candidatura do PP, que integrado no Partido Populae Europeo, aspira a acadar no Parlamento Europeo unha maioría que permita nomear presidente da Comisión a Jean Claude Juncker, o noso candidato, para así poder executar políticas de crecemento e progreso sociel e económico na Europa dos vinteoito. Un goberno europeo no que aspiramos contar con comisarios españois, como podería ser o noso magnífico candidato, Miguel Arias Cañete.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.


Con la tecnología de Blogger.