Aínda que España lidera a redución de desemprego no último ano na UE, é cun 25,3% o segundo país con maior taxa de paro



Difunde hoxe Eurostat , a oficina estatística da Comisión Europea, os datos correspondentes ao paro no mes de marzo. 


Así sabemos que o desemprego na zona euro foi do 11,8 %, e no conxunto da Unión Europea (UE), do 10,5 % 


A porcentaxe na eurozona é o mesmo desde decembro de 2013, mentres que no caso da UE, non variou desde o pasado febreiro. 

En España, a taxa de paro continuou estable en marzo, ao situarse no 25,3 %, a maior cifra dos Vinte e oito, a falta de coñecer os datos de Grecia. 

En términos interanuales, o desemprego caeu dúas décimas nos países do euro (situábase no 12 % en marzo de 2013) e 4 décimas nos Vinte e oito (onde estaba no 10,9 %). 

No caso de España, a taxa de paro baixou do 26,3 % ao 25,3 % nun ano. 

Con estes resultados sabemos que en marzo, na UE había 25,7 millóns de parados, dos cales 18,9 millóns pertencían á zona do euro, o que significa unha disminución de 66.000 e 22.000 persoas respectivamente en comparación con febreiro. 

Con respecto a marzo de 2013, o número de desempleados baixou en 929.000 persoas nos Vinte e oito e en 316.000 na zona do euro. 

Os estados membros con menores taxas de desemprego son Austria (4,9 %), Alemania (5,1 %) e Luxemburgo (6,1 %). 

No extremo oposto situáronse Grecia (26,7 % en xaneiro) e España (25,3 %). 

En comparación con marzo de 2013, o desemprego subiu en dez países, mantívose estable en tres e caeu en quince. 

Os maiores aumentos observáronse en Chipre (do 14,8 % ao 17,4 %) en Holanda (do 6,4 % ao 7,2 %), en Italia (do 12 % ao 12,7 %) e en Croacia (do 16,6 % ao 17,3 %). 

Os descensos máis significativos foron os de Hungría (do 11,2 % ao 7,9 % entre febreiro de 2014 e o mesmo mes do ano anterior), Letonia (do 13,9 % ao 11,6 % entre o cuarto trimestre de 2013 e o de 2012), Portugal (do 17,4 % ao 15,2 %) e Irlanda (do 13,7 % ao 11,8 %). 


http://epp.eurostat.ec.europa.eu/portal/page/portal/eurostat/home/

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.
Con la tecnología de Blogger.