A piques de comezar a campaña das eleccións europeas

Estamos a piques de comezar a campaña das eleccións europeas que se celebrarán en mayo de 2014- en España o día 2-  e que brindan aos votantes a oportunidade de influír no curso político futuro da Unión Europea ao elixir aos 751 deputados ao Parlamento Europeo que representarán os seus intereses durante os próximos cinco anos. En España elixiremos a 54 eurodiputados. 

A Unión intenta superar a crise económica e os líderes da UE reflexionan sobre o camiño que debe seguirse no futuro. Por iso, estas son as eleccións europeas máis importantes ata a data.



Estes comicios permitirán aos votantes xulgar os esforzos realizados polos líderes da Unión Europea para atallar a crise da zona euro e expresar a súa opinión sobre os plans para intensificar a integración económica e política. Serán as primeiras eleccións que se celebran desde que o Tratado de Lisboa outorgase en decembro de 2009 novas competencias ao Parlamento Europeo.

Un aspecto novo e importante introducido polo Tratado é que, cando os Estados membros da UE teñan que nomear no outono de 2014 ao sucesor de José Manuel Durãou Barroso á fronte da Comisión Europea, por primeira vez deberán ter en conta os resultados das eleccións europeas. A candidatura presentada polos Vinte e oito terá que ser apoiada polo Parlamento Europeo, porque, en palabras do Tratado, a Eurocámara «elixe» ao presidente da Comisión, o cal implica que agora os votantes decidirán quen toma a testemuña do Goberno da UE.

Dos 13 partidos políticos europeos, cinco nomearon a un candidato á Presidencia da Comisión. O PPE presentou a Jean-Claude Juncker, ex primeiro ministro de Luxemburgo e antigo presidente do Eurogrupo. O candidato do Partido Socialista Europeo é Martin Schulz, actual presidente da Eurocámara. Pola súa banda, os Liberais e Demócratas optaron por Guy Verhofstadt, antigo primeiro ministro belga e líder do grupo dos liberais no Parlamento Europeo. Os Verdes nomearon a dous eurodiputados: o francés José Bové e a alemá Ska Keller, mentres que a Esquerda Europea presentou a Alexis Tsipras, líder do partido grego SYRIZA.

O novo Parlamento Europeo que salga das eleccións decidirá a lexislación europea durante os próximos cinco anos en ámbitos como o mercado único ou as liberdades civís.

 Lembremos que o Parlamento - a única institución da UE que se elixe por sufragio directo-  é agora unha peza esencial do sistema europeo de toma de decisións, e a súa opinión ten o mesmo peso que a dos gobernos nacionais en case todas as leis da Unión.
Con la tecnología de Blogger.