Sobre os tramos ourensáns da autovía A-52, Lugo-Guntín

O pasado luns, o diario La Región publicaba un traballo xornalístico que titulaba “Políticos e veciños urxen as obras da A-56 nos tramos ourensáns”

Di que o alcalde de Vilamarín, Amador Vázquez, portavoz da comisión A-56 -que une a 10 concellos de Lugo e os de Coles, A Peroxa e Vilamarín en Ourense-, apunta que "estamos á espera dunha entrevista coa ministra de Fomento, Ana Pastor, para falar do futuro desta infraestructura e, sobre todo, da reactivación do tramo San Martiño-A Barrela (a medio camiño entre Lugo e Ourense), cuxas obras comezaron en 2010 e suspendéronse aos catro meses do seu inicio, para retomarse grazas a unha nova partida presupuestaria en 2012, de 2,5 millóns de euros. O custo total deste tramo é de 32,2 millóns de euros e as obras están actualmente paralizadas. Está adxudicada, pagadas as expropiacións e realizado o 30 por cento da actuación, recorda Vázquez." 

Tamén recolle unhas respostas a certas preguntas que me foron formuladas. E así di: "que Celso Delgado recorda que este ano hai unha partida presupuestaria de 160.000 euros para a redacción dos proxectos correspondentes á A-56 nos tramos ourensanos", á vez que asegura que "este proxecto irá avanzando na medida que eses estudos previos vaian despexándose".

Aproveito agora para ampliar e actualizar información sobre o proxecto desta infraestructura.

A autovía A-56 unirá Ourense con Guntín (Lugo), e desde aquí terá continuidade ata Lugo a través da A-54 (en construción).A autovía constará de 8 tramos, 3 deles en Ourense e o resto en Lugo. Tería unha lonxitude de 75,9 km e un orzamento de 667 M€. Os tramos de Ourense proxéctanse cunha lonxitude de 24,0 km e son os seguintes:

- Variante Norte de Ourense (5,8 km; 149,44 M €): Atópase en proxecto. A A-56 á súa chegada a Ourense enlazará con esta variante, que morre na A-52 á altura do enlace de Eirasvedras, ao Oeste de Ourense. Está aprobado o expediente de información pública en 2013 (BOE de 30/12/13), tras someter o proxecto de trazado a información pública (BOE 27/11/2010). 

- Ourense - Enlace Cambeo (9,0 km; 94,86 M €): En proxecto. Trátase do tramo, xunto coa variante Norte de Ourense, máis necesario por tráfico (7.000 a 9.000 vehículos diarios). En xuño de 2013 aprobouse o expediente de información pública do proxecto de trazado (BOE 25/07/2013). De acordo á información pública practicada deben realizarse modificacións de trazado entre o enlace de Coles e o túnel artificial de Outeiro para minimizar as afeccións sobre edificacións que produce o trazado previsto no estudo informativo. Ademais serán necesarios camiños paralelos á autovía conectados por 3 pasos inferiores inicialmente non previstos para garantir a permeabilidade da infraestructura, e o deseño dun viaduto en Malvedo de 800 m de lonxitude. O novo trazado requirirá unha consulta ambiental e unha nova información pública. 

- Enlace Cambeo - San Martiño (9,2 km; 73,14 M €): En proxecto. En xuño de 2013 aprobouse o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de trazado exclusivamente para o enlace de Cambeo e o ramal de conexión coa N-525 (BOE 09/09/13).

En definitiva e tendo en conta o escenario actual de escaseza de disponibilidades orzamentarias realizouse unha priorización de actuacións para lograr unha maior eficiencia na actuación do Ministerio de Fomento.

Significa isto que continuará a redacción dos proxectos para impulsar esta actuación no marco da programación que estableza o PITVI e da disponibilidade orzamentaria.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.

Con la tecnología de Blogger.