Na constitución da Eurocidade Chaves-Verín en Axencia Europea de Cooperación Territorial

Co carné da Eurocidade
Acudín hoxe a Feces, Verín, ao acto de  constitución da Eurocidade Chaves-Verín en Axencia Europea de Cooperación Territorial (AECT).

Un acto presidido polo presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo que resaltou que “permitirá aproveitar os instrumentos da UE para facer a colaboración entre ambas as vilas “máis visible, máis ampla e máis útil para os cidadáns”.

Lembrou o carácter histórico do traballo en común entre Chaves e Verín, que avanzou nos últimos anos cara á súa integración institucional e agora dá “un novo paso nunha senda antiga, pero, sen dúbida, un paso de xigantes”, afirmou.

Remarcou que a creación da AECT Eurocidade Chaves-Verín supón crear “un marco xurídico regulador da traxectoria de colaboración existente entre os dous municipios”, posto que se trata dun instrumento nado do dereito comunitario, con personalidade xurídica propia para contratar actuacións e servizos de interese para os dous socios.

Entre as vantaxes que conleva a constitución da Eurocidade en AECT, o presidente galego destacou, finalmente, que supón “abrir a porta ao financiamento necesario para tirar o máximo rendemento do potencial das relacións entre ambas as dúas cidades”.
Afondar en tres eixes estratégicos

Na súa intervención, Alberto Núñez sinalou a necesidade de aproveitar a potencialidade da AECT para continuar o camiño iniciado co obxectivo de acadar unha xestión “coordinada, coherente e máis eficiente das zonas limítrofes”, polo que avogou por afondar en tres eixes estratéxicos. En primeiro lugar, referiuse a que se debe proseguir a construción “dese gran logro do espazo común Chaves-Verín que é a Eurocidadanía”.

Nesa liña, apostou por facer chegar a moitos máis veciños e servizos as vantaxes da xestión conxunta e compartida de instalacións e funcións municipais, evitando duplicidades e aforrando custos, e continuar na liña de organización de eventos deportivos conxuntos, da bolsa de emprego transfronteirizo ou das accións formativas.
Feijóo chamou a atención sobre a proposta na que se está a traballar actualmente para asinar un convenio de cooperación sanitaria que faga posible optimizar os hospitais públicos de Verín e Chaves, especializando cada un deles en áreas concretas de intervención. Neste sentido, expresou o seu convencemento “de que en maio faremos ese convenio, que será o inicio da cooperación sanitaria entre dous países e dous hospitais que dan servizo a máis de 100.000 habitantes”.
En segundo lugar, o presidente da Xunta defendeu a capacidade da cooperación para dinamizar a economía, polo que considerou preciso afondar na posta en valor de recursos endóxenos comúns, especialmente as augas termais e mineiro medicinais. Neste punto, remarcou o proxecto Termalagua, unha eurocidade termal e da auga, orientado a converter a Eurocidade “nun referente do termalismo no sur de Europa”, formando profesionais altamente cualificados e desenvolvendo investigacións neste eido, dentro dun futuro Centro de Formación Termal e de Investigación da Auga.
E, en terceiro termo, referiuse o mandatario galego á necesidade de continuar o traballo a prol do desenvolvemento dun territorio común sustentable, proseguindo o proxecto iniciado en torno ao corredor ecolóxico e fluvial do río Támega, procurando a mellora da calidade da auga e a creación dun cinto verde de espazos de ocio.
A xuízo do presidente da Xunta resulta indubidable que desde a súa conformación en 2007, a Eurocidade Chaves-Verín, como tamén a de Tui-Valença, se revelou como “unha ferramenta de enorme utilidade”, non só para optimizar e aumentar as vías de cooperación existentes, senón tamén para facerlle fronte con maior eficacia aos novos desafíos que puxo ante nós a situación de escaseza derivada da crise económica.



http://www.crtvg.es/informativos/a-ue-dalle-personalidade-xuridica-795713

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.
Con la tecnología de Blogger.