miércoles, 16 de abril de 2014

Medidas para elevar a competencia no sector do combustible, ante os elevados precios do gasóleo en Galicia

Celebro como una boa nova  que hoxe o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciara que se tomarán medidas para elevar a competencia no sector do combustible, logo de constatar que Galicia é a comunidade co prezo do gasóleo antes de impostos máis alto da península.
Explicou, durante a rolda de prensa do Consello, que a Consellería de Facenda acaba de presentar o informe que vén realizando o órgano da Competencia sobre a situación dos prezos no sector da venda minorista de combustible de automoción. Informe en base ao cal se conclúe que Galicia está entre as comunidades cos prezos dos combustibles máis altos antes de impostos. “É dicir, aínda que non se aplicase ningún imposto, Galicia tería igualmente o gasóleo máis caro da Península”, aseverou Feijóo, ao que engadiu que as petroleiras que venden os seus produtos en Galicia o están a facer cuns prezos por riba da media dos prezos no resto de España “sen ningunha causa xustificada”.
Despois de facer fincapé en que a tributación na Comunidade galega é a mesma que se aplica en preto do 85% do territorio español e que Galicia conta cunha das oito refinerías operativas na Península; Feijóo lembrou que o prezo medio do gasóleo de automoción sen tributos en Galicia se situou no mes de febreiro en 75,4 céntimos/litro, é dicir, 1,8 céntimos por litro máis que a media española. E, ao peche do pasado exercicio 2013 o prezo medio do litro de gasóleo antes de impostos era 1,4 céntimos máis caro que en decembro de 2012, a maior suba de toda España e o dobre que a media española (0,6 céntimos) neste período.
Ante esta situación, Feijóo aseverou que xa se está a avaliar a situación que está a afectar ao conxunto da comunidade autónoma xa que, das seis provincias onde os prezos do gasóleo son máis altos, catro son galegas. “É unha situación que deixa á comunidade nunha evidente posición de desvantaxe, tanto ás economías familiares como ás economías das empresas”, afirmou.
Nesta liña, e a modo de exemplo, destacou que un consumidor que enche un depósito de 50 litros catro veces ao mes en Cataluña paga nun ano 120 euros menos que un consumidor en Galicia.
Ao fío disto, o presidente da Xunta adiantou que o Consello Galego da Competencia ten detectado, nunhas conclusións preliminares, problemas de concentración no mercado de distribución minorista en Galicia.
Segundo os últimos datos dispoñibles, Galicia rexistra unha porcentaxe de estacións de servizo independentes inferior á media española, que é do 17%. E, ademais, todas as provincias galegas rexistran unha presenza de estacións de servizo low cost inferior á media española.
“Polo tanto, constatamos a escasa competencia de gasolineiras, a diminución e o escaso número delas unidas aos centros comercias e que as seis petroleiras que actúan en Galicia -das cales catro son fundamentais- teñen un prezo do gasóleo inxustificadamente máis alto que no resto das comunidades, sendo Galicia ademais un territorio que posúe unha das oito refinerías que están neste momento traballando en España”, incidiu Feijóo.
Ante unha situación de desvantaxe clara, Feijóo incidiu en que o Goberno galego ten dado instrución para que o Consello Galego da Competencia conclúa, a maior brevidade, a análise que leva realizando nos últimos meses co obxectivo de presentar neste mes de maio unha batería de medidas que eleven a competencia no sector, e favorecer así unha baixada de prezos. 

“Facilitar a instalación de gasolineiras e, sobre todo, plantexarlle aos centros comerciais que poñan gasolineiras nos seus ámbitos para mellorar a competencia e así baixar os prezos. E, por suposto, reiterarlle ao Tribunal de Defensa da Competencia, logo deste segundo informe, que é necesario que conclúa o expediente aberto ás petroleiras que traballan en Galicia porque seguimos constatando, un ano despois, que os prezos do gasóleo non atenden a ningunha xustificación desde o punto de vista de prezo da comunidade autónoma galega”, concluíu, a modo de resumo.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.