Entrevistado pola Radio Nacional de España, en Ourense

Esta mañá desde as 9,30 fun entrevistado nos estudos de Radio Nacional de España, en Ourense pola xornalista Malena García.

O contido centrouse no ámbito das infraestructuras, fundamentalmente no relativo á comunicación por alta velocidade de Galicia coa Meseta e en especial o relativo ao tramo da variante exterior entre Taboadela e Ourense, no que houbo recentes novidades coa publicación o 11 de abril da aprobación do expediente de información pública e audiencia e o estudo informativo do Proxecto de Integración Urbana e Acondicionamento da Rede Ferroviaria de Ourense. Un avance que acredita que o Goberno traballa na integridade da liña, para acadar o ansiado obxectivo de conexión no horizonte do 2018.

Tamén falamos do proxecto de Autovía entre Ourense e Ponferrada, da que dixen que é unha autovía moi importante para a nosa provincia e que o Ministerio de Fomento decidiu priorizar no traxecto comprendido entre O Barco e a capital do Bierzo. 

Tamén falamos dos problemas xurdidos no pobo de Penalba, en Nogueira de Ramúin por veciños que non están conformes co trazado escollido.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.