sábado, 22 de marzo de 2014

O PPdeG, con Feijóo presenta a folla de ruta de cara aos comicios europeos


Asistin hoxe en Compostela á Xunta Directiva do PPdeG na que foi presentada a folla de ruta do partido de cara aos comicios europeos. 

Foi Pedro Pui, quen nunha excelente intervención presentou o programa electoral.

O presidente Alberto Núñez Feijóo agradeceu o traballo de todos os que participaron coas súas propuestas no programa. Ademais, recoñeceu o labor dos eurodeputados Carmen Fraga e Francisco Millán Mon nos últimos anos para que os intereses de Galicia fosen atendidos nas institucións comunitarias.

Dixo que é preciso que en Europa se siga escoitando a Galicia, porque hai moitos asuntos relevantes para a Comunidade que se deciden na Unión. 

Afirmou que hai moito que dicir para que os gandeiros galegos conten con fórmulas de adaptación aos cambios da nova Política Agraria Común, para que Europa apoie o mellor aproveitamento dos montes, para manter a evolución positiva das cotas pesqueiras que se lograron nos últimos anos, e para lograr que Galicia poida consolidarse como plataforma loxística de referencia europea.

Así mesmo, destacou que tamén hai moito que dicir para que Europa valore todos os esforzos que se levan feito no saneamento das rías, para que se lle dea máis peso á cooperación transfronteiriza, para que se incentiven en Europa políticas económicas que teñan en conta as características dos emprendedores galegos e as nosas principais necesidades, como afrontar o paro xuvenil. 

Ademais, Feijóo considerou que os populares teñen moito que dicir para seguir defendendo os sectores produtivos galegos ante calquera ameaza, como a que sufriu o naval co problema do tax lease e ante calquera escenario que se presente, como o que se terá que afrontar en 2015 para que Navantia poida volver á fabricación de barcos civís. 

Ademais, neste senso, dixo que o PPdeG non apoiará nunca a un comisario que poña en risco todo o sector da fabricación de barcos en Galicia, e que ao día despois de tomar posesión asume o rol de antiespañol. 

Nuñez Feijóo subliñou que o que se decida en Europa importa, porque nos afecta directamente. Con respecto a isto, afirmou comprender que haxa quen non teña interese en falar de políticas europeas en vista das coalicións que fan os seus partidos e da súa situación.  

Neste senso, cuestionou a importancia do programa do BNG se se vai aplicar o de Bildu, o de Anova, porque se vai aplicar o de Esquerda Unida, e o do PSdeG, porque “xa se sabe o que duran as propostas socialistas”. 

Baixo a opinión de Feijóo, a eles dálles o mesmo, pero aos galegos non, e merecen e precisan que os seus intereses teñan voz e voto nas institucións comunitarias.

No relativo ás opcións que hai para as eleccións europeas, Feijóo dubida que os galegos poidan apoiar unha lista que se parece tanto ao Consello de Ministros de Zapatero, o mesmo Consello de Ministros que levou a España ao borde do rescate, ou apoiar ao mesmo partido do comisario que durante dous anos paralizou os pedidos dos estaleiros. Tampouco cre que os galegos aposten polos que converten o Parlamento galego nun circo.  

Para finalizar, Feijóo ensalzou a figura de Adolfo Suárez, ao que calificou de “presidente crave na Transición española”. Por iso, dixo que o PPdeG ía dedicar a súa campaña electoral ao ex presidente como homenaxe por unha vida política exemplar. “Fagamos unha campaña con grandeza, que foi o que aprendimos dun presidente vilipendiado no seu momento polo PSOE”, concluíu o presidente do PPdeG.


http://www.youtube.com/watch?v=Vge_wHQe0a4

Se quere coñecer o Programa Electoral, prema o seguinte link:


http://actualidade.ppdegalicia.com/prensa/prensappdeg/mediaresource/efef8fec-1985-4c2b-93ac-


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.