martes, 18 de marzo de 2014

O Grupo Fomento deixa os números vermellos

Hoxe nun coloquio organizado polo diario La Razón a ministra de Fomento, Ana Pastor, destacou o traballo realizado no Grupo Fomento durante os dous últimos anos, que permitiu pasar dunhas perdas de 694 M€ en 2011 a un beneficio neto de 300 ao peche do exercicio 2013.

Recordou que en decembro de 2011 o endebedamento do Grupo Fomento era de 40.000 millóns de euros, o que, xunto coa débeda administrativa aflorada, equivale a uns 4.000 euros por familia.

Deu uns datos como, que o resultado bruto de explotación (Ebitda) no conxunto de AENA, Renfe, ADIF e Portos do Estado foi de 2.700 M€, un 27% máis que en 2012, unha disminución do 16% durante 2013 do ratio entre a débeda e o Ebitda e un aforro, só en gastos superfluos, de 700 M€ nos dous últimos anos.

Pastor anunciou así mesmo que o Ministerio vai a licitar de forma inminente a renovación das concesións de autobuses competencia do Ministerio. Dentro deste proceso, esta mesma semana sairán os primeiros catro concursos.

Explicou que nos pliegos do concurso se potencia a seguridade na prestación do servizo, incorpóranse criterios de solvencia profesional e económica, e establécese por primeira vez un canon que abonará o adxudicatario en función dos seus beneficios.

A ministra referiuse tamén á nova estratexia comercial e tarifaria de Renfe, coa redución do 11% o prezo de todos os billetes e a aplicación de descontos de ata o 70%. Desde a posta en marcha da nova política comercial creceu o número de pasaxeiros, os ingresos e a ocupación. Así, en febreiro, o número de viaxeiros do AVE aumentou un 18% e os de Longa Distancia un 8%.

A ministra sinalou que, trala reestructuración de Renfe en catro sociedades mercantis (Renfe-viaxeiros, Renfe-mercancías e logística, Renfe-fabricación e mantemento e Renfe-xestión de activos e material rodante), e a integración de FEVE en Renfe e en ADIF, vaise a iniciar o proceso de concurso público para a entrada dun socio industrial en Renfe Mercadorías.

Ademais, o próximo mes de abril constituirase unha Sociedade de Aluguer de Material Rodante (Rosco) para contribuír á apertura do mercado.

No sector aéreo, Pastor subliñou o cambio de tendencia no tráfico aéreo nos aeroportos de Aena desde novembro de 2013, que se traduce nun crecemento do 3,1% no tráfico de pasaxeiros no mes de febreiro de 2014. Recordou que AENA moveu en 2013 case 200 millóns de pasaxeiros en total. Deles 130 millóns eran pasaxeiros internacionais.

A ministra destacou ademais o avance do Aeroporto de Madrid-Barajas, que rexistrou en febreiro de 2014 un crecemento do 1,6% logo de 36 meses de caída.

Para rematar, avanzou que nos primeiros 17 días de marzo a tendencia mantense, cun crecemento do 1%.

En canto a Aena, Pastor resaltou o proceso de transformación que experimentou a compañía e que permitiu pasar dunha xeración de caixa de -600 millóns de euros en 2011 a 600 millóns positivos en 2013.

Indicou ademais que en 2013 abríronse 300 rutas e estímase que se abrirán outras 392 novas rutas na próxima tempada de verán.

A actividade portuaria aporta a España un valor engadido bruto anual de máis de 9.000 M€, recordou a ministra, quen sinalou que cos datos acumulados a febreiro o tráfico de mercancías a través de portos crece un 3,8% respecto ao mesmo período do ano pasado.

No que vai de ano, destaca así mesmo o aumento de mercadorías con entrada e saída por ferrocarril ás zonas de servizo dos portos, que supuxo un incremento do 17% respecto ao mesmo período de 2013.

Para gañar eficiencia e competitividade acaba de entrar en vigor a redución das taxas portuarias (5% a de utilización e 8%, a de ocupación).



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.