No faladoiro de Radio Voz

Esta mañá, desde as 8,30 horas participei con Olaia Fernández, e Laura Seara, no faladoiro que modera en Radio Voz, a xornalista Antía Díaz Leal.

Primeiro falamos da operación xudicial nomeada “Patos” iniciada onte en Galicia a instancias dun Xulgado de Vigo. Dixen que resulta imprescindible lembrar á presunción de inocencia de todas as persoas implicadas, sexan cargos públicos ou non, e máxima prudencia nas valoracións ata saber qué investiga a xustiza.

Lembrei que, detrás dun rexistro, de detencións  e dunhas imputacións,  pode haber un resultado final de sobresemento e arquivo da causa, como acaba de aontecer onte en Ferrol coa chamada "Operación Torre".

Dixen que a xustiza actuará, e os responsables de cada formación política, de cada concello investigado, ou de cada administración pública investigada, terán que actuar en consecuencia.

Falamos tamén da petición de dimisión do ministro do interior como consecuencia dos desgraciados feitos nos que morreron afogadas quince inmigrantes nun intento de asalto masivo na fronteira de Ceuta con Marruecos.

Dixen que o control da inmigración irregular debe ser política de Estado, non é cuestión de partidos e que non só é a fronteira de España, é tamén a fronteira sur de Europa, un paso  transitado por mais de 30.000 persoas diarias. 

E que é obrigación das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado vixilar e gardar esa fronteira e impedir os ilegais asaltos masivos, organizados e propiciados ena maioría das ocasións por mafias.

Dixen que o ministro do interior, compareceu o pasado xoves e deu explicacións na Comisión de Interior do Congreso e que a medida que se coñeceu nova información foise trasladando á opinión pública. E engadín que non vexo motivo para unha dimisión do ministro.

En todo caso manifestei que hai unha investigación xudicial en Ceuta que investiga o ocorrido e que arroxará luz nun marco de imparcialidade e afastado do debate político. 

E terminei concluíndo que parto da premisa de que a Garda Civil actúa cumprindo coa legalidade e facendo uso da forza que o estado de Dereito outórgalle. E que a humanidade é un trazo habitual deste Corpo, como o acredita por exemplo o dato de que salve nas nosas augas a 3.400 inmigrantes.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta



Con la tecnología de Blogger.