miércoles, 12 de febrero de 2014

Excelentes noticias para duas grandes empresas españolas: COPASA e COMSA

Hoxe tivemos excelentes para duas empresas españolas con proxección internacional.

A primeira que o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, asistiu hoxe en Ankara, xunto ao primeiro ministro turco, Recep Tayyip Erdogan, á inauguración da liña M3 do metro desta cidade, na que se celebrou a V Reunión de Alto Nivel turco-española.

Durante a súa intervención no acto de inauguración, o presidente do Goberno manifestou que está moi orgulloso de que "unha empresa española, Comsa Emte, colabore na construción desa magnífica infraestructura".

Así mesmo, afirmou que as empresas españolas están dispostas a seguir construíndo infraestructuras en Turquía e a "aportar toda a súa experiencia e coñecementos".

A ministra de Fomento, Ana Pastor, tamén estivo presente na inauguración desta infraestructura que supón un excelente exemplo de cooperación entre as empresas de España e Turquía no ámbito da obra civil.

Esta empresa catalá COMSA Emte finalizou a construción da liña Batikent-Sinçan (M3) do metro de Ankara, cunha lonxitude total de 31,3 kilómetros e 11 estacións (dúas delas soterradas e o resto en superficie). COMSA executou a obra civil, a arquitectura, a infraestructura e a superestructura e os traballos eléctricos e mecánicos necesarios para a posta en servizo da liña. Unhas obras que contaron cun prazo de execución de 24 meses e un investimento de 44,5 millóns de euros.

E a outra gran noticia- que me enche de gran alegría - afecta a unha empresa ourensá, a constructora COPASA que será a encargada de construír o paseo olímpico dos Xogos de Río de Janeiro 2016, unha infraestructura neurálxica que conectará o parque olímpico, a vila onde se aloxarán os atletas, o complexo de eventos Riocentro e a Terminal de conexión do transporte público.


Un proxecto que foi adxudicado pola alcaldía da cidade de Río de Janeiro, cun orzamento de 514,3 millóns de reais (160,7 millóns de euros)

A obra, que debería estar finalizada no segundo semestre do próximo ano, terá un orzamento de 514 millóns de reais (160,7 millóns de euros) e foi adxudicada a un consorcio formado ao 50 por cento por Copasa e a brasileira Construcap.

A actuación no Paseo Olímpico de Río baséase na transformación de dúas importantes vías situadas ao suroeste da cidade, cunha lonxitude total que se aproxima aos nove quilómetros.

A empresa que lidera José Luís Suárez, conta cunha ampla experiencia en prácticamente todas as especialidades da construción: Obras Ferroviarias, Hidráulicas, de Estradas e de Edificación. E está presente no sector dos servizos nas actividades de Conservación de Estradas, Explotación de Plantas de Tratamento de Augas e de aparcamientos urbanos.  

Parabens as duas empresas, que acreditan a sua gran calidade e competitividade, e son un claro exponente da Marca España.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.