Sobré o tramo de alta velocidade entre Olmedo a Ourense

Coñecemos hoxe a moi boa noticia de que o Ministerio de Fomento aprobou, a través de Adif Alta Velocidade, a licitación da redacción dos proxectos constructivos, execución das obras, conservación e mantemento das instalacións de enclavamentos, sistemas de protección do tren, control de tráfico centralizado, sistemas auxiliares de detección, telecomunicacións fixas, GSM-R e instalacións de protección e seguridade do tramo Olmedo-Ourense.

O contrato tamén inclúe a conservación e mantemento das instalacións existentes no tramo Ourense-Santiago, xa en servizo. Deste xeito, o importe total da licitación ascende a 640.794.710,7 euros, desglosados en 326.843.880,5 euros para a execución da obra e 313.950.830,2 para as tarefas de mantemento.

O investimento ten por obxecto o desenvolvemento global e integrado das instalacións de control de tráfico, telecomunicacións, protección e seguridade. Os traballos, que se realizarán por fases, inclúen:

- A redacción dos proxectos das instalacións que compoñen os subsistemas de control de tráfico, telecomunicacións  protección e seguridade do tramo Olmedo-Ourense.

- A redacción do proxecto de adecuación das instalacións de sinalización e comunicacións da rede convencional por afeccións (incluídas as da liña eléctrica de 25 kV) no tramo Olmedo-Ourense.

- A execución das obras descritas nos proxectos mencionados.

- O mantemento das instalacións de alta velocidade proxectadas e executadas no tramo Olmedo-Ourense desde a súa posta en servizo, así como no tramo Ourense-Santiago actualmente en explotación, excluídas as correspondentes afeccións á rede convencional.

O obxectivo principal é conseguir que a conexión de Galicia e o centro peninsular a través dunha liña de alta velocidade sexa unha realidade plena no horizonte de 2018.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.
Con la tecnología de Blogger.