domingo, 12 de enero de 2014

Sobre a vindeira semana de actividade Parlamentaria

 
O luns o ministro de Economía e Competitividade, Luís de Guindos, informará, a petición propia, na Comisión correspondiente do Congreso dos Deputados, sobre a situación da economía española.

E o martes teremos sesion da  Deputación Permanente do Congreso, para decidir sobre sobre a convocatoria dun Pleno extraordinario e sobre a comparecencia ante as respectivas comisións dos ministros de Presidencia, Xustiza, Sanidade, Industria, Interior, Defensa, Emprego, Facenda, Fomento e Agricultura.

Este órgano, encargado de velar polos poderes da Cámara entre periodos ordinarios de sesións decidirá sobre a celebración dunha sesión extraordinaria da Comisión Mixta para a UE para examinar o respecto ao principio de subsidiariedade de varias propostas de Reglamento do Parlamento Europeo e o Consello.

Así mesmo, a petición dos grupos Socialista, de IU, ICV-EUiA, CHA; CiU e o PNV debaterase sobre a comparecencia do ministro de Industria, Enerxía e Turismo, José Manuel Soria, nunha sesión extraordinaria da Comisión correspondente para informar sobre a tarifa eléctrica.

O Grupo Socialista pide, doutra banda, unha sesión extraordinaria do Pleno para debater a proposición non de lei sobre a retirada do Anteproxecto de Lei Orgánica polo que o Goberno pretende revisar a lexislación vigente en España sobre saúde sexual e reproductive e interrupción voluntaria do embarazo.

O mesmo grupo quere que a vicepresidenta do Goberno e ministra da Presidencia, Soraya Sáenz de Santamaría, explique na Comisión Constitucional as intencións do Goberno sobre a regulación da interrupción voluntaria do embarazo; que o ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón, explique o seu contido na Comisión de Xustiza; e que a ministra de Sanidade e Servizos Sociais, Ana Mato, aborde ante a Comisión de Igualdade as consecuencias desta reforma na saúde das mulleres e a seguridade xurídica dos profesionais sanitarios. IU, ICV-EUiA, CHA e o Grupo Mixto reclaman tamén estas dúas últimas comparecencias. 

Por outra banda, a Deputación Permanente decidirá sobre a proposta do Grupo Socialista de que a ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, explique na Comisión de Emprego os criterios que utilizou o Goberno para a conxelación do salario mínimo interprofesional para 2014.

O Grupo Socialista quere tamén unha sesión extraordinaria de Comisión de Facenda e Administracións Públicas para que o ministro, Cristóbal Montoro, explique as razóns do "desmoronamento da confianza dos cidadáns no sistema fiscal español, posto de manifesto no último barómetro sobre Opinións e Actitudes Fiscais dos Españois publicado polo Instituto de Estudos Fiscais"; e informe da evolución do déficit público e da débeda pública.

Ademais, votarase a petición de comparecencia do ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, presentada polo Grupo Socialista para informar das actuacións que ten previsto adoptar en relación coa preocupación manifestada por autoridades do Consello de Europa respecto do Anteproxecto de Lei de Seguridade Cidadá e a vixilancia á que van someter dita iniciativa.

O PSOE quere que se acorde unha sesión extraordinaria do Pleno da Cámara para celebrar unha sesión de control ao Goberno, coa inclusión de preguntas e interpelacions urxentes; e para decidir sobre a creación dunha Comisión de Investigación sobre a inaceptable utilización de Caixa Madrid por parte do Partido Popular e as súas consecuencias na xestión da entidade.

Os grupos de IU, ICV-EUiA, CHA e Mixto queren que Montoro informe ante a Comisión de Facenda e Administracións sobre as actuacións e investigacións que levou a cabo a Axencia Tributaria en relación ao denominado caso Nóos, especialmente logo de coñecerse a recente imputación da Infanta Cristina de Borbón por delito fiscal e blanqueo de capitais. Por leste mesmo asunto estes grupos queren pedir explicacións ao responsable de Xustiza ante a Comisión correspondente.

As mesmas formacións queren que a ministra de Fomento, Ana Pastor, informe da súa visita a Panamá interesándose polos problemas existentes entre a empresa privada española SACYR, e que o presidente executivo de CESCE (Compañía Española de Seguros de Crédito á Exportación), Álvaro Bustamante, para que informe sobre as repercusions que pode ter sobre o aval concedido a SACYR para a súa participación na obra da Canle de Panamá os problemas suscitados coa Autoridade da Canle.

Os mesmos grupos piden, por outra banda, que o ministro de Industria expoña as medidas a tomar para garantir o mantemento dos postos de traballo da empresa Carbonífera do Ebro situada en Mequinenza.

Doutra banda, PNV e CIU solicitan que o ministro de Interior explique o sentido, interese e circunstancias da operación levada a cabo pola Garda Civil os días 8 e 9 de xaneiro de 2014, que culminou coa detención de avogados e membros da contorna da denominada Esquerda Abertzale.

A Deputación Permanente debaterá tamén a petición de comparecencia da responsable de Sanidade presentada polo PSOE para informar das previsións do Goberno de face a rectificar a súa decisión de excluír da cobertura sanitaria pública a quen se desprazan máis de 90 días fóra de España.

Tamén se verá a súa petición dunha sesión extraordinaria da Comisión de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente para que o ministro, Miguel Arias Cañete, informe dos motivos do atraso na adopción dos acordos necesarios para a aplicación nacional das axudas asociadas á Política Agraria Común (PAC) así como dos motivos que explican a exclusión das Organizacións Profesionais Agrarias das negociacións para a adopción do novo modelo de reparto destas axudas.

O Grupo Socialista quere que Fernández Díaz aborde ante a Comisión de Interior as denuncias de agresións no Centro de Internamento de Estranxeiros (CIE) da Zona Franca de Barcelona.

Doutra banda, CiU e o PNV queren que o ministro de Defensa, Pedro Morenés, esclareza en sé parlamentaria as informacións aparecidas nos medios de comunicación sobre a posibilidade de que o Porto de Tarragona poida ser punto de destino de armas químicas procedentes de Siria.

Os grupos de CiU e o PNV reclaman tamén a comparecencia de Pastor ante a Comisión de Fomento para facer un balance da política de vivenda do Goberno nos últimos dous anos e explicar as principais actuacións que ten previstas para o 2014 con especial incidencia sobre os problemas de acceso á vivenda, os que se derivan do elevado número de desafiuzamentos, da falta de vivenda social e da existencia dun elevado parque de vivendas baleiras.

Estes mesmos grupos reclaman a comparecencia da ministra de Emprego para informar sobre o Plan remitido ás instancias europeas a finais de 2013 para a implementación da Proposta de Recomendación do Consello da Unión Europea sobre o establecemento da Garantía Xuvenil e sobre os criterios de distribución dos recursos destinados a ela.

Para rematar, o PSOE quere que o ministro de Industria, Enerxía e Turismo, informe en Comisión do cumprimento do Plan do carbón, do pago das axudas á produción e da caída de emprego no sector.

 
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta.