O Instituto Nacional de Estatística, INE difundiu
esta mañá a Enquisa de Poboación Activa (EPA) correspondente ao cuarto trimestre de
2013.
Estos son os principais datos:
A ocupación baixou en 65.000 persoas neste trimestre, ata un total de
16.758.200. O descenso no número de ocupados é o menor nun cuarto trimestre
desde 2008. A variación trimestral do emprego é do -0,39%.
O emprego diminuíu en 198.900 persoas nos últimos doce meses. A variación anual
é do - 1,17%, que é a menos negativa dos últimos cinco anos.
A ocupación no trimestre diminuíu en 30.200 persoas no emprego privado e en
34.800 no público. No conxunto do ano a ocupación redúcese en 121.400 no sector
público e en 77.500 no privado.
O número de traballadores por conta propia descendeu neste trimestre en 51.500.
O total de asalariados con contrato indefinido subiu en 45.600 e o de
asalariados con contrato temporal diminuíu en 56.000.
A ocupación neste trimestre aumentou na Agricultura (85.200 máis) e
baixou nos Servizos (109.100 menos), a Construción (35.200) e a Industria
(6.000).
As comunidades autónomas nas que máis creceu a ocupación respecto ao trimestre
anterior son Catalunya (25.400 máis), Canarias (22.000) e Comunitat Valenciana
(20.000 máis). Os maiores descensos déronse en Illes Balears (61.900 menos),
Castilla e León (25.500) e Galicia (18.900 menos).
Catalunya (1,91%), Illes Balears (0,88%) e A Rioja (0,87%) presentan os maiores
crecementos anuais da ocupación. Pola súa banda, os descensos máis acusados obsérvanse
en Aragón (- 6,05%), Galicia (- 3,77%) e Castela e León (- 3,44%).
O número de parados diminuíu no trimestre en 8.400 persoas e situouse en
5.896.300. A taxa de paro subiu cinco centésimas ata o 26,03%.
A cifra total de
desempregados diminuíu en 69.000 persoas nun ano.
Por primeira vez desde o
segundo trimestre de 2007 prodúcese un descenso anual do paro.
O paro xuvenil baixa por primeira vez: o número de mozos en paro menores
de 25 anos baixou en 40.900 persoas en 2013.
As maiores baixadas do paro respecto ao trimestre anterior déronse en Canarias
(21.600 menos), Catalunya (20.100) e Principado de Asturias (11.400 menos).
Os maiores incrementos tiveron lugar na Comunidade de Madrid (37.400 parados máis), Illes Balears (29.100) e Castela e León (9.000 máis).
Os maiores incrementos tiveron lugar na Comunidade de Madrid (37.400 parados máis), Illes Balears (29.100) e Castela e León (9.000 máis).
O número de activos descendeu neste trimestre en 73.400 ata un total de
22.654.500. A taxa de actividade situouse no 59,43%. É a máis baixa desde o
primeiro trimestre de 2008. Nun ano a poboación activa diminuíu en 267.900
persoas.
O maior incremento de activos este trimestre observouse en Comunidade de Madrid
(25.800 máis), País Vasco (19.900) e Comunitat Valenciana (14.800). Os
descensos máis acusados déronse en Illes Balears (32.800 menos), Rexión de
Murcia (25.400) e Galicia (18.100 menos).
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.