Comenzando o traballo do Grupo Parlamentario

Tivemos onte no Congreso dos Deputados unha reunión dos portavoces e presidentes de Comisión do Grupo Parlamentario Popular, coa dirección do noso Grupo. Foi un encontro que serviu de arranque do traballo parlamentario do novo ano e que vén inaugurar un periodo de sesións moi intenso, pois hai citas moi importantes no camiño e concluirá cunha convocatoria electoral.
 
O noso portavoz Alfonso Alonso, asegurou que España vive un momento para a esperanza tras haberse superado o ecuador da lexislatura do Goberno de Mariano Rajoy que supuxeron dous anos de traballo moi duro, de moitas reformas, de asentamento das bases para a recuperación do país e de corrección dos desequilibrios da economía.
 
Alonso indicou que o camiño emprendido polo Goberno é o correcto - "imos polo bo camiño e estamos máis ilusionados de que cheguen mellores noticias para o conxunto dos españois"-, e subliñou que o obxectivo do Goberno é agora o de "facer máis forte a recuperación e impulsar que esta chegue á creación de emprego". "O noso compromiso é garantir a estabilidade política que permite as reformas e que as cousas cambien para que España creza", apostilou.
 
Cuestionado pola reforma da lei do aborto, Alonso recordou que se trata dun anteproxecto "que debe ser sometido a informes" e destacou a moi clara posición que onte fixou o Comité Executivo do PP e o chamamento que fixo o propio Mariano Rajoy ao diálogo. "Escoitaranse todas as voces e abrirase un proceso de diálogo", resaltou, aínda que enfatizou que o compromiso do PP é o de "cambiar un modelo co que estamos en profundo desacordo e que vén violentar o consenso do ano 85".
 
"Todos os deputados votan libremente", proclamou Alonso, que destacou que o PP sempre actúa desde a unidade e a responsabilidade no seu compromiso de defensa da estabilidade política e do apoio ao goberno e a un proxecto.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.
Con la tecnología de Blogger.