viernes, 10 de enero de 2014

Anunciado un novo plan de axudas para á compra de vehículos

Hoxe trala roda de prensa do consello de Ministros a vicepresidenta, Soraya Sáenz de Santamaría, anunciou que o Goberno prorrogará nas próximas semanas o plan de axudas para a compra de vehículos. 

O novo Plan PIVE 5 contará cunha dotación de 175 millóns de euros.

Sáenz de Santamaría, asegurou que o plan, nas súas diferentes fases, "contribuíu á renovación do parque automobilístico español aumentando as súas condicións de seguridade e de eficiencia enerxética e tivo un notable impacto positivo na nosa economía". 

Con esta ampliación substituíronse 365.000 vehículos, cun aforro anual de combustible de 127 millóns de litros, unha redución en emisión de gases de efecto invernadero de 161.000 toneladas de CO2 ao ano e unha recadación fiscal inducida de 1.000 millóns de euros.

A vicepresidenta argumentou que "o sector do automóbil é puxante e atractivo para o investimento estranxeiro como demostran os datos". En 2013, tanto a produción de vehículos como as exportacións incrementáronse en taxas interanuais do 9%.

O Goberno considera que neste impulso ao sector do automóbil tiveron unha especial importancia estes plans, que ademais están tendo un impacto importante no mantemento do emprego e na creación de novos postos de traballo. "O impacto dos catro primeiros plans estímase nun total de 10.000 traballadores incluíndo a fabricantes, compoñentes e distribución e o último entendemos que pode ter un impacto no emprego de 4.500", dixo.

Celebro este anuncio que vai na liña de apoiar a sectores que crean emprego, que dinamizan a economía, que atraen ao investimento estranxeiro e que están permitindo demostrar as ganancias de competitividade do noso modelo económico. 

O sector do automóbil é vital para España e para Galicia.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.