Saliento como boa nova que hoxe o Consello de Ministros aprobou dous Acordos polos que se autorizan subvencións a Cáritas Española e a Cruz Vermella Española con cargo á asignación tributaria do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF), correspondentes ao exercicio 2013.
En concreto, autorizou unha subvención de 24,9 millóns de euros a Cáritas e outra de 42,1 millóns a Cruz Vermella, coas que se financiarán 87 proxectos (50 de Cruz Vermella e 37 de Cáritas), en especial programas de urxencia dirixidos á atención das necesidades básicas de persoas en situación de pobreza, que este ano tiñan carácter prioritario.
En total, máis dun millón de usuarios serán atendidos.
En total, máis dun millón de usuarios serán atendidos.
En relación coas cifras de 2012, a subvención para Cáritas incrementouse nun 20,7 por 100 mentres que a destinada a Cruz Vermella aumentou nun 16,7 por 100.
Cáritas española:
Recibe a subvención para 37 programas que atenderán a 439.390 usuarios. Por colectivos, os que maior cantidade recibiron son os destinados a inclusión social, con 7,7 millóns de euros (31 por 100 do total) e os dirixidos a persoas maiores, con 4,2 millóns de euros (o 16,9 por 100 do total).
Entre os programas que se prevé financiar coa subvención destacan os seguintes:
. Programas de atención ás persoas con necesidades de atención integral sociosanitaria, por importe de 3,8 millóns de euros.
. Programas destinados a persoas sen fogar nin aloxamento digno, por importe de 5,2 millóns de euros.
Cruz Vermella Española:
Terá subvención para cincuenta programas, que atenderán a 562.049 usuarios. Por colectivos, os que maior cantidade recibiron son os destinados a persoas maiores, con 14,3 millóns, que representan o 34 por 100 do total.
Séguelles un novo programa destinado a situacións de urxencia, cunha contía de 7 millóns de euros (16,5 por 100). A programas para persoas inmigrantes destínanse 5,1 millóns, o 12,12 por 100.
Séguelles un novo programa destinado a situacións de urxencia, cunha contía de 7 millóns de euros (16,5 por 100). A programas para persoas inmigrantes destínanse 5,1 millóns, o 12,12 por 100.
Entre os principais programas destacan os seguintes:
. Atención integral a persoas sen fogar, por importe de 1,1 millóns de euros.
. Apoio urxente ante situacións de vulnerabilidade social, por importe de 7 millóns de euros.
En total, na convocatoria 2013 subvencionáronse 447 entidades, 1.135 programas anuais e un plurianual, e 5.875 proxectos, por un importe de 210,1 millóns de euros.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta