Asistín a primeira hora desta mañá na Coruña a un acto do 'Fórum Europa. Tribuna Galicia', no que interveu Marcelo Castro-Rial Schuller, presidente da Cámara de Comercio da Coruña.
Actuou como presentador do conferenciante, Manuel Teruel Izquierdo, presidente do Consello Superior de Cámaras, quen destacou o papel pasado, presente e futuro das Cámaras, e as esperanzas postas no futuro texto legal regulador destas corporacións.
Marcelo Castro Rial, repasou na súa intervención o importante papel que xogan as Camarasno ámbito da formación empresarial, o comercio exterior, o apoio ao emprendemento e á creación de empresas. En particular o da Cámara da Coruña, á que situó dentro das dez mais importantes de España.
Mostrouse confiado no futuro das Cámaras e en que o sistema cameral español "asumirá o cambio normativo" que tramita o Congreso dos Deputados e que "superará a crise" económica de igual forma "que en 1993", cando, ao seu xuízo, as Cámaras afrontaron unha situación moi parecida de cambio lexislativo e convulsión na economía.
O presidente da Cámara da Coruña tamén recordou que as cámaras españolas están "pendentes" da aprobación dunha nova lei, actualmente en tramitación parlamentaria, que confirma a desaparición das cotas obligatorias en favor dun sistema de financiamento baseado na prestación de servizos e as achegas voluntarias. E que independentemente da ausencia de obrigacións económicas, a futura norma si fixará un sistema de adscripción obligatoria de todas as empresas nas Cámaras.
Finalizou afirmando "non hai Cámaras grandes nin pequenas, hainas eficientes ou ineficientes"
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta