domingo, 22 de diciembre de 2013

Maior optimismo dos europeos sobre o futuro da Unión Europea

O pasado venres publicáronse os resultados da última enquisa Eurobarómetro, que acreditan que os europeos empezan a ser algo máis optimistas respecto da situación económica en Europa. 

Máis da metade dos europeos (51 %) afirman ser optimistas sobre o futuro da UE (fronte ao 49 % do Eurobarómetro de primaveira de 2013). 

O 48% dos españois afronta con optimismo a saída da crise da Unión Europea (UE), oito puntos por encima do dato rexistrado na primaveira, aínda que ligeramente por baixo da media comunitaria. España experimentou nese tempo a maior progresión na confianza no futuro da UE de todos os estados membros, logo de Irlanda. 

En xeral, o 43 % ( 1 punto porcentual en comparación coa enquisa da primaveira de 2013) dos cidadáns pensan que a UE está avanzando na boa dirección para saír da crise e enfrontarse a novos desafíos mundiais. O optimismo tamén está en alza, pois o número de europeos que afirman que os efectos da crise no emprego alcanzaron o seu punto álxido aumentou en 4 puntos porcentuais (do 36 % ao 40 %). 

O 30% dos españois pensan que a UE está avanzando na boa dirección para saín da crise, un dato a 13 puntos de distancia da media comunitaria, pese ao seu crecemento en sete enteiros nos últimos meses. 

O desemprego (49 %, - 3), a situación económica xeral (33 %, estable), a inflación (20 %, estable) e a débeda pública (15 %, - 1) son as catro preocupacións principais que os europeos declaran ter a nivel nacional, mentres que, a nivel persoal, a inflación é claramente o principal problema (40 %, - 1).

Os europeos consideran que a situación económica xeral (45 %, - 3), o desemprego (36 %, - 2) e a situación das finanzas públicas dos Estados membros (26 %, - 4) son os principais problemas que afronta a Unión Europea neste momento.

 O Eurobarómetro de outono de 2013 é a última edición dun sondo de opinión bianual que organiza a Comisión Europea. Levouse a cabo mediante entrevistas persoais entre o 2 e o 17 de novembro de 2013. Un total de 32 409 persoas foron entrevistadas nos 28 Estados membros da UE e dos 5 países candidatos (Antiga República Yugoslava de Macedonia, Turquía, Islandia, Montenegro e Serbia).

 Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta