sábado, 21 de diciembre de 2013

Invalidada a poxa que disparaba a factura da luz un 11%


Hoxe o BOE pública a Resolución de 20 de decembro de 2013, da Secretaría de Estado de Enerxía, pola que se determina que o prezo resultante da vixesimoquinta poxa CESUR convocada por Resolución de 20 de novembro de 2013, da Secretaría de Estado de Enerxía, non debe ser considerado na determinación do custo estimado dos contratos maioristas, ao quedar anulada para todos os efectos.

Esta decisión obedece a que a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) de non validar a poxa eléctrica realizada o pasado xoves porque concorreron circunstancias atípicas na mesma.

Significa isto que o Ministerio de Industria anulou para todos os efectos a poxa e o prezo da mesma non pode ser aplicado para fixar o prezo da enerxía o primeiro trimestre de 2014. É dicir, que a tarifa eléctrica non subirá o 10,5%.

Como dixo o presidente Rajoy o Goberno traballa para establecer un procedemento que permita a determinación do prezo da enerxía conforme a criterios obxectivos e transparentes de mercado e que sexa de aplicación a partir do 1 de xaneiro de 2014.

Creo que é imprescindible dar unha solución razoable a este serio problema, pois un prezo da enerxía excesivo e inxustificado afecta seriamente a nosa incipiente recuperación económica.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta