Hoxe o Consello de Ministros
analizou dous anteproxectos de lei que constitúen o "núcleo esencial do
plan de rexeneración democrática", presentado o 20 de setembro, e
responden ao compromiso do Goberno de Rajoy loitar contra a corrupción.
Por unha banda o anteproxecto de lei orgánica de control da actividade económica e financeira dos partidos políticos que presenta como principal novidade a prohibición de donacions de persoas xurídicas.
A vicepresidenta Soraya Sáenz de Santamaría recordou que, ata agora, os partidos políticos podían recibir donacions procedentes de persoas físicas ou xurídicas co límite de 100.000 euros anuais, pero agora prohíbense completamente.
Outra novidade é que as entidades de crédito non poderán condonar os créditos, de calquera contía, que teñan cos partidos políticos. A vicepresidenta concretou que se entende por condonación "as cancelacions totais ou parciais do principal do crédito ou as renegociacions dos tipos de interese por baixo do prezo de mercado".
Ademais, a futura lei contempla un réxime de devolución das donacions indebidas; establece a obrigación de que os partidos, sen excepción, presenten as súas contas ao Tribunal de Contas; prohibe recibir subvencións aos partidos que non as presentaron; establece obrigacións taxadas na contabilidade dos mesmos; regula a figura do responsable da xestión económica financeira do partido e a sua rendición de contas no Parlamento; clarifica o réxime de infraccións e sancións en materia de financiamento e obriga aos partidos a establecer un procedemento normalizado de contratación para incrementar a transparencia.
Por outra banda o anteproxecto de lei reguladora do exercicio do alto cargo na Administración Xeral do Estado presenta como novidade que os condenados por sentenza firme a pena privativa de liberdade non poderán ser altos cargos mentres cumpran condena.

Tampouco o serán os inhabilitados conforme á lei concursal; os inhabilitados ou suspendidos para emprego ou cargo público; os sancionados pola comisión dunha infracción moi grave de acordo coa Lei de Transparencia, e os condenados por determinados delitos contra as institucións e as administracións públicas, incluído o de terrorismo, mentres non se cancelen os antecedentes penais.
A vicepresidenta Sáenz de Santamaría tamén indicou que a futura lei establece o réxime xeral de incompatibilidades e a homologación das declaracións de actividades, bens e dereitos. Trátase de analizar "si o alto cargo enriqueceuse de xeito non xustificado durante o desenvolvemento da súa actividade".
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.