jueves, 12 de diciembre de 2013

Catalunya, unha parte fundamental de España

Hoxe recibimos a moi preocupante noticia do anuncio realizado por varios partidos cataláns, encabezados por Artur Más, de suscitar unha consulta de autodeterminación en Cataluña para o mes novembro de 2014

Dada a seriedade do tema, quero citar algunhas das palabras que Mariano Rajoy dixo hoxe e que comparto:" desde o Goberno traballouse sempre polo fortalecemento dos lazos afectivos, políticos, económicos e sociais que nos unen a cataláns e ao resto dos españois". E "lamento profundamente iniciativas que fracturan á sociedade, alentan a división e xeran profundas incertezas á cidadanía nun tempo necesitado de certezas"

E súmome incondicionalmente a esta afirmación de Rajoy "Vou dedicar todo o meu esforzo para que os cataláns, que sempre foron unha parte fundamental e querida de España, non se vexan prexudicados polas consecuencias desa iniciativa"



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.