domingo, 29 de diciembre de 2013

Avanzan os investimentos públicos na cidade de Ourense


Co frío e a néboa matinal deste domingo, fixen un percorrido, por algunha das obras públicas en execución na cidade de Ourense e así coñecer desde o exterior a súa evolución. 

No barrio do Couto puiden ver como avanzan as obras do novo edificio xudicial

Tratase dun edificio singular, funcional e operativo, no que a Xunta está a investir máis de 16 millóns de euros. 

O novo inmoble vai permitir albergar 24 xulgados e concentrar toda a actividade xudicial nun mesmo lugar, ao tempo que gaña un edificio recoñecible, que contribuirá decisivamente á mellora desta zona. 

Así mesmo, a cidade de Ourense verá duplicados os seus espazos xudiciais con esta nova infraestrutura. 

Todo indica que sí os traballos continúan a este ritmo cumprirase cos prazos previstos, o que vai permitir á cidade contar cunha extraordinaria infraestrutura xudicial de referencia no primeiro semestre do vindeiro ano 2014. 

Celebrar pois que para a Xunta de Galicia a Administración de Xustiza sexa unha prioridade, e dote á sociedade de axeitadas infraestruturas xudiciais, que un avogado coma eu, aínda valora mais.

Logo achegueime ata Oira, para ver a actuación de captación e bombeo na marxe dereita do río Miño, que forma parte das obras de mellora do abastecemento a Ourense. 

As obras, que empezaron en febreiro de 2012, teñen como obxectivo a construción e explotación das infraestructuras necesarias para dotar ao municipio de Ourense dun sistema de abastecemento que forneza auga potable de calidade e en cantidade suficiente para a demanda a atender. 


A actuacións inclúen a construción dunha Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP), cuxo caudal de deseño é de 200 l/s, ampliable a 300 l/s. 

O proxecto inclúe ademais a colocación de 7.250 metros de condución de diámetro 500 mm, así como a construción de 4 depósitos en Eiroás (6.000 m3), Madrosende (5.000 m3), Caracochas (15.000 m3) e Montealegre (7.700 m3), e a ejecución de 2 captacións no río Miño e 2 estacións de bombeo. 

As actuacións de “Abastecemento de auga a Ourense" supoñen un investimento de 24 millóns de euros, financiados nun 75% polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (a través da Sociedade Estatal Augas das Concas de España, con subvencións do Fondo FEDER e Fondos Propios) e nun 25% polo Concello de Ourense. 

Estamos ante unhas moi necesarias e importantes investimentos no concello de Ourense que cando finalicen o deixarán dotado dun sistema de abastecemento que forneza auga potable de calidade e en cantidade suficiente para a demanda dunha poboación de 140.000 habitantes, cun horizonte temporal de 50 anos. 

Finalmente despraceime ao barrio da Ponte para ver o estado das obras de Rehabilitación do edificio da Praza de abastos, que a solicitude do Concello executa o Ministerio de Fomento (Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo) que financia ao 100 %, o orzamento asignado de 2.084.120,67 €. 

As obras comezaron o 27/01/2012 e previsiblemente estarán terminadas no primeiro trimestre de 2014. 

Estas obras tratan de poñer en valor este edificio, mantendo o seu uso, e adaptalo ás necesidades actuais. Deseñáronse uns accesos que suprimen as barreiras arquitectónicas no mercado, nos espazos de biblioteca e nas dependencias de asociación de veciños. Ao mesmo tempo pódense relacionar as distintas plantas entre si cun núcleo no que existe ascensor adaptado. 

Dados os desniveles que teñen as distintas rúas que circundan o edificio, é posible acceder a tres plantas pola cota de rúa correspondente, chegando ao semisótano, planta baixa e entreplanta, desde a rúa Sur, rua Norte e alameda Naciente respectivamente.

 Modifícase a cota de entrada ao mercado, elevándoa 70 cm. e accedendo, sen peldaños, polo lateral esquerdo. Actualmente a pendente da entrada principal é moi superior á permitida pola lei de accesibilidade.

Unha importante obra que desexo contribúa a que os esforzados comerciantes da praza teñan máis ventas e que os consumidores deste populoso barrio gocen de mellores servizos e comodidades.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta