miércoles, 18 de diciembre de 2013

Banco Etcheverría S.A./ GrupoBanesco faise con Novagalicia Banco

A gran noticia financeira de hoxe, é que a Comisión Rectora do Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria (FROB) comunicou que tras estudar as ofertas vinculantes recibidas no proceso de venda do 88,3 % de NGC Banco, decidiu adxudicar esa entidade a Banco Etcheverría S.A./ GrupoBanesco.
A oferta realizada por este Banco ascende a 1.003 millóns de euros. Segundo ela, Banesco desembolsará o 40 % ao formalizarse a operación, mentres que o 60 % resto abonarao en sucesivos prazos ata 2018.
O FROB explica que a proposta de Banesco-Banco Etchevarría está 200 millóns por encima da segunda mellor recibida e tamén a supera nun 50 %, que eran as dúas condicións que esixía o FROB.
Coa adxudicación de Novagalicia, o FROB dá cumprimento ao mandato de resolución da entidade acordado con Europa e respecta os obxectivos e principios do mesmo, destinados a minimizar as axudas públicas e garantir a estabilidade financeira.
Comparto a valoración do presidente da Xunta de Galicia sobre esta decisión, que "é inapelable porque cumpre estrictamente os criterios da venda de Novagalicia Banco, os criterios da Unión Europea e os criterios do Banco de España e do Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria".

E que é unha adxudicación transparente, unha adxudicación limpa e unha adxudicación contundente, porque o prezo é máis do 50% superior aos prezos doutras entidades que se presentaron",e que se trata de "a mellor decisión para España e para Galicia".
Así que como di Feijóo , desexar "sorte" ao comprador e pedirlle que "faga unha aposta por Galicia, unha aposta polos créditos ás familias e ás empresas galegas". E que se comprometa a manter os servizos centrais, o domicilio e a sé social na comunidade e, "en consecuencia, cumpra a proposta que foi adxudicataria"

Novagalicia Banco é unha entidade moi importante para Galicia. Recordemos que recentes datos deste mes acreditan que consolida a súa cota de penetración na nosa Comunidade por encima do 40% e que máis da metade dos galegos que traballan con entidades financeiras son clientes dela.
E resaltar que NCG Banco obtivo nos primeiros nove meses de 2013, 90 millóns de euros de beneficio antes de impostos.

O beneficio multiplicou por 4,7 veces a previsión do plan de recapitalización aprobado en decembro, que establecía un beneficio antes de impostos de 19 millóns de euros para todo o exercicio 2013.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta