viernes, 1 de noviembre de 2013

Un importante debate sobré a sustentabilidade do sistema público de pensións

Onte tivemos no Pleno do Congreso o importante debate de totalidade do Proxecto de Lei reguladora do Factor de Sustentabilidade e do Índice de Revalorización do Sistema de Pensións da Seguridade Social.

Defendeu o texto a ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, que asegurou que perseguir a sustentabilidade do sistema público de pensións supón reforzar "este pacto implícito entre os traballadores de hoxe e os pensionistas de mañá".

Explicou que o sistema dedica hoxe máis recursos que nunca ao pago das pensións e prestacións de Seguridade Social, que en 2014 serán máis de 131.820 millóns de euros. Neste contexto, tamén engadiu que o próximo ano 37 de cada 100 euros do orzamento público destinarase a gasto de Seguridade Social e que o 10,7% do Produtor Interior Bruto (PIB) dedicarase ao sistema, 6 décimas máis que en 2013.

En relación cos retos demográficos e económicos que afronta o sistema de Seguridade Social e que fan necesaria a reforma proposta polo Goberno, Fátima Báñez recalcou que desde 2008 España perdeu tres millóns de cotizantes, ao mesmo tempo que se incorporaron medio millón de pensionistas ata superar os 8,2 millóns de beneficiarios, mentres que o número de pensionistas que reciben 2 pensións do sistema ascende a 900.000 persoas. Así mesmo, sinalo que o número de pensionistas vaise a duplicar entre 2008 e 2050, pasando de 7.700.749 en 2008 a 15 millóns en 2050.

O gasto en pensións contributivas creceu un 76% nos últimos 10 anos, pasando dun gasto en pensións contributivas de 62.000 millóns de euros en 2003 a 108.000 millóns de euros este ano, mentres que o importe medio da pensión das novas altas de xubilación superan amplamente os 1.300 euros ao mes, un 30% máis que en 2008.

Como consecuencia destes factores, asistimos a un insostible desequilibrio das contas da Seguridade Social. Así, entre 2012 e 2016 o conxunto das Administracións da Seguridade Social incorrería nun déficit de case 47.000 millóns de euros, de acordo coas previsións do Programa de Estabilidade.

A ministra de Emprego e Seguridade Social dixo que o debate necesita un enfoque plural e leal, garantindo que o sistema de pensións sexa sostible e autofinanciable "estamos dicindo que poderemos seguir investindo con maior solvencia tamén noutras políticas públicas moi importantes para mellorar as vida das persoas"

A titular de Emprego e Seguridade Social finalizou o seu discurso no pleno do Congreso reiterando a súa invitación aos grupos parlamentario para que coas súas propostas contribúan a mellorar o sistema de pensións e garantir a súa sustentabilidade, remarcando que o Goberno buscará o acordo "ata o final"

Pechou o debate a portavoz do Grupo Popular na Comisión do Pacto de Toledo, Carolina España, que apelou á responsabilidade para tratar de resolver os problemas económicos e demográficos que afectan ao sistema público de pensións: "Está claro que hai retos e ameazas que hai que afrontar para garantir a sustentabilidade do sistema e trátase dun exercicio de responsabilidade non só para pagar as pensións de hoxe, senón para poder pagar e asegurar as pensións do futuro"

Afirmou que non podemos "quedarnos cruzados de brazos e esgotar o Fondo de Reserva"" como pretende o PSOE e tampouco podemos esperar a que a Lei 27/2011 dos seus froitos.

"Hai indicadores de cambio", continuou, "o Banco de España e o Instituto Nacional de Estatística dixérono alto e claro: saímos da recesión máis longa da etapa democrática e claro que imos crear emprego e recuperar cotizantes á Seguridade Social, pero hai que recordar de onde vimos"

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta