jueves, 14 de noviembre de 2013

A sentenza do Prestige no faladoiro de Radio Voz

No faladoiro de hoxe de Radio Voz, abordamos as reaccións ante a sentenza da Audiencia Pronincial da Coruña,  pola que se absolve ao capitán Apostolos Ioannis Mangouras, Nikolaos e e ademais a Nikolaos Argyropoulos do delito de desobediencia polo que tamén viña acusado. 

O fallo limítase a condenar a Apostolos Ioannis Mangouras, como autor criminalmente responsable dun delito de desobediencia grave á autoridade, á pena de 9 meses de prisión.

Dixen que nun Estado de dereito con separación de poderes, corresponde aos Xuíces e Tribunais o axuizamento e que estamos nun asunto de gravidade e enorme complexidade

O fallo comeza no seu fundamenta icono xurídica cunha frase ilustrativa: " Non debe ser verdade que ata as cousas certas poidan probarse, porque neste procedemento, logo de case 10 anos de instrución e 9 meses de xuízo oral, só se probaron aspectos adxetivos do ocorrido pero non os substanciais desde a perspectiva do dereito penal." 

Polo tanto toda sentenza emitida por un tribunal de xustiza debe ser respectada e acatada, aínda que entendemos que poida haber malestar polo feito de que ninguén vaia a pagar económicamente polo enorme dano ambiental causado a Galicia. En todo caso queda aberta a vía do recurso ao Tribunal Supremo. 

Valorei tamén que a esixencia de indemnizacións por responsabilidade civil poderia trasladarse a un proceso civil. 

O tribunal considera na sentenza probado que o barco se atopaba nun mal estado de conservación, pero iso non era responsabilidade de Mangouras nin do xefe de máquinas, senón do clasificadora ABS, que non estaba imputada. Ao non haber delito penal, non se deriva responsabilidade civil.

Lembrei que o Estado español xa pleiteou contra ABS nos tribunais estadounidenses para esixir 1.000 millóns de euros de indemnización, pero a pesar de expoñer unha sólida demanda, a lexislación americana desestimouno.

Recordei que a sentenza establece que o Goberno non tomou decisións arbitrarias, e valida toda a súa xestión da crié do Prestige.“Non se impuxo un rumbo suicida, senón un afastamento dentro dunha marxe de seguridade aceptable”

Tamén que o Tribunal determina que non se probaron alternativas reais para albergar ao ‘Prestige’ máis aló do seu afastamento da costa. “A Administración xestionou con profesionalidade, adecuación e en condicións moi desfavorables”.Esto  apoia a xestión política do accidente realizada polo goberno de Aznar.





Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
 Recibirá resposta