Hoxe acudín ao Liceo de Ourense, para
acompañar á familia do empresario José Domingo Posada González, falecido en xaneiro, nunha homenaxe á súa persoa, ao que asistiron os seus
achegados, coñecidos e amigos, coincidindo coas datas do Magosto de Ourense,
como vínculo e unión da castaña ourensana coa súa figura.
Durante a homenaxe proxectáronse uns videos sobre o seu legado e traxectoria:
entre outros cargos, Pepe Posada foi Eurodiputado en duas lexislaturas do
Parlamento Europeo, presidente da Asociación de Empresarios do Polígono de San
Cibrao das Viñas, vocal e representante da Comisión de Comercio Exterior da
Cámara de Comercio e Industria de Ourense, xerente da Cooperativa do Ribeiro,
Secretario perpetuo da Irmandade dos Vinhos Galegos, e creador e impulsor do
Marron Glacé con castaña galega, para a súa posterior exportación
internacional. Ademais de galeguista, escritor (recomendo a lectura da “Metafísica
do Viño”), políglota e humanista.
Sen dúbida soubo recibir a extraordinaria influencia da sua ilustre dona, Maria do Carmo Henríquez Salido.
Sen dúbida soubo recibir a extraordinaria influencia da sua ilustre dona, Maria do Carmo Henríquez Salido.
Todos eles renderon a súa homenaxe a este gran "embaixador" de Ourense, que soubo vender durante toda a súa vida persoal e profesional os produtos autóctonos que se xeraban, desde viños do Ribeiro, pasando polos Grelos ata chegar ás castañas co Marron Glacé, creando o seu valor engadido para chegar a competir no mesmo nivel que outros productores internacionais.
Afortunadamente o seu legado empresarial terá continuidade na
persoa dos seus fillos que afrontan nestes días a nova colleita de castaña. Moita sorte nesa andaina.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta