lunes, 11 de noviembre de 2013

" Ourensanía ": o noso xeito de andar e interpretar o mundo

Esta mañá, asistin no Mosteiro de Oseira ao acto solemne de entrega do Premio "Ourensanía 2013", que foi concedido ao ministro xeral da Orde Franciscana dos Frades Menores e Arcebispo de Belcastro, José Rodríguez Carballo, recientemente nomeado polo Papa Francisco secretario da Congregación para os Institutos de Vida Consagrada e as Sociedades de Vida Apostólica. 

Un acto, conducido polo xornalista Juan Maceiras que deu a palabra en primeiro lugar ao escritor e poeta Luís González Tosar, creador do manifesto de "Afirmación da Ourensanía", quen nun fermoso parlamento no que repasos a xerografía da provincia definiu aos ourensáns como "laboriosas xentes, creadoras de ilusións e con cativa equipaxe que percorreron o mundo levando esperanza e bo facer".

De seguido tomou a palabra D. José quen agradeceu o premio e dixo recibir o galardón "como unha honra que acollo en nome de todos os ourensáns, para que sigamos sendo embaixadores desta terra da chispa alí onde nos atopemos e sexa cal sexa a nosa ocupación". Fixo un percorrido pola lembranza do seu Lodoselo natal e citou a célebre frase: "Ser galego é unha carreira e de Ourense, catedrático", para subliñar que este "é un título de fonda honra para quen é fillo de labregos e emigrantes ourensáns".

Logo o presidente da Deputación de Ourense fíxolle entrega ao premiado dunha figura de bronce do escultor Xosé Cid, ademais dunha copia da acta do xurado. 

O Arcebispo Rodríguez Carballo agradeceu o premio e dixo recibir o galardón "como unha honra que acollo en nome de todos os ourensáns, para que sigamos sendo embaixadores desta terra da chispa alí onde nos atopemos e sexa cal sexa a nosa ocupación". Na súa intervención tamén fixo un percorrido pola lembranza do seu Lodoselo natal e citou a célebre frase: "Ser galego é unha carreira e de Ourense, catedrático", para subliñar que este "é un título de fonda honra para quen é fillo de labregos e emigrantes ourensáns".

Falou logo, o presidente Manuel Baltar que destacou no seu discurso que a Ourensanía "é paisaxe, historia, tradición, fe, esperanza e irmandade compartida cos que camiñan connosco, cos que van á nosa beira. Homes e mulleres abertos a todo, sen renunciar nunca a nada, laboriosos, pletóricos de ilusión, humildes e solidarios, amigos da paz e da concordia". Dixo que contamos cunha visión integral de provincia, "nunca illada, sempre universal, que soubo trascender grazas ao exemplo de moitos. Recoñecemos así o orgullo permanente de sermos de Ourense. Valoramos aos ourensáns que triúnfan e non renuncian aos seus orixes. Velaí a base deste premio, desa Ourensanía que entendemos como "o noso xeito de andar e interpretar o mundo".

Referíndose ao premiado, Baltar loubou a súa traxectoria profesional e destacou "o esforzo e plena dedicación, con humilde espírito franciscano", e fixo fincapé no seu compromiso con Galicia, "coa súa lingua e a súa cultura, xenerosidade sen límites coa terra na que naceu, co pobo ó que pertence e ó que representa, orgulloso das súas orixes en todo momento, en calquera lugar".

Engadiu, que estamos ante "a máis alta dignidade eclesiástica que Galicia tivo nunca ante o Vaticano, e sei que se hai alguén que pode conseguir que o Papa Francisco visite Galicia con ocasión do oitavo centenario da peregrinación de Francisco de Asís a Compostela, ese é o noso homenaxeado de hoxe, embaixador da Ourensanía. Incluso, de súpeto, podería propoñerse que un Papa estivera por primeira vez na nosa provincia; que o Papa Francisco deixara a súa pegada na nosa terra ourensá".

Pechou o acto o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recoñecendo que o ‘Premio Ourensanía’, que esta mañá foi entregado a Monseñor José Rodríguez Carballo, distingue a aqueles que “encarnan os valores dunha provincia desde a que Galicia, ao longo de toda a súa historia, se ten proxectado como universal”.

Feijóo subliñou que esta provincia “ten escrita moita historia nas súas pedras porque foi xérmolo de cultura e de galeguismo”, berce de escritores, poetas, pintores e artistas que inspiraron o que nos nosos días se deu en chamar ‘espírito de ourensanía’, cuxo significado, ao seu entender, non é outro que “facer unha Galicia de vocación universal”.

“A ourensanía está na ironía e a sátira de Risco, na irreverencia e o inconformismo de Curros Enríquez, na vitalidade de Otero Pedrayo, no intimismo belixerante de Celso Emilio Ferreiro, ou no realismo de Blanco Amor. Está na creatividade de Xaime Quessada e Virxilio Fernández; nas mans de Faílde e nas obras de moitos outros autores como Cuevillas, ‘Xocas’ e tantos máis”, observou Feijóo.

Núñez Feijóo asegurou que, con este galardón, Monseñor Carballo “recolle o testemuño desta longa lista de ourensáns que contribuíron a converter a ourensanía nun compromiso coa terra e nunha alianza con Galicia”, e asegurou que, ademais, na súa persoa, como así aprecia o xurado que entrega este recoñecemento, estes valores “adquiren unha dimensión internacional”.

Afirmou, nesta liña, que Ourense é unha provincia “onde sempre se cultivou ese espírito de universalidade que concede a cultura dun país”; unha provincia de interior, dixo, “que mira ao exterior”, con moitos homes e mulleres “que seguen a construír Galicia desde aquí”.

Rematou o acto coa actuación da coral de Ruada que interpretou duas fermosas cantigas, e tamén coa Real Banda de Gaitas da Deputación.

Un acto fermoso, no marco incomparable do Mosteiro de Santa María de Oseira.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta